Senra chama a abrir xa un debate sobre a compatibilidade da UE coa democracia

Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa, valorou este venres os resultados do referendo celebrado no Reino Unido, no que un 51,9% da poboación votou a favor de abandonar a Unión Europea (UE), apostando polo Brexit, e un 48,1% decantouse pola permanencia do Reino Unido como Estado membro na UE.

Por Galicia Confidencial | Bruxelas | 25/06/2016 | Actualizada ás 11:05

Comparte esta noticia

Senra considera que “cómpre non eludir máis os debates arredor da cuestión da Unión Europea e o euro e a súa compatibilidade coa democracia e a soberanía popular". A política aposta por abrir este debate "no futuro inmediato" e criticou a súa ausencia na campaañ das eleccións xerais.

A eurodeputada galega Lidia Senra
A eurodeputada galega Lidia Senra

Na súa opinión, os resultados amosan a pouca credibilidade dunha UE que "se construíu en contra dos pobos, a favor das multinacionais, e cuxas decisións responden única e exclusivamente á ditadura dos mercados e duns líderes á fronte da Comisión Europea (CE) e do Consello que non son capaces de resolver ningunha das graves crises",.

Senra cre que esta votación tamén  reflicte o malestar das clases populares e dunha parte importante da esquerda que loita contra a crise e as políticas de austeridade. Cita, por exemplo, o trato dado a Grecia como un dos motivos dese malestar.

Tamén lle chama a atención a posición de Escocia ou de Irlanda no Norte a favor da permanencia, que pode ser interpretado como "unha forma de expresión e loita pola súa soberanía nacional fronte ao estado-nación hexemonizado por Inglaterra”. “Sen dúbida, o escenario que se abre co resultado deste referemdo dará pé a unha reconfiguración do espazo que hoxe constitue a Unión Europea" prevé a ex-sindicalista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

1 Montesío

El presidente del Gobierno en funciones, Mariano Rajoy, se ha mostrado contrario a la celebración de referéndos para "trasladar" a los ciudadanos la "responsabilidad" política de tomar "decisiones difíciles". "Solamente se deben hacer en circunstancias muy excepcionales porque para eso estamos los gobernantes, no para trasladarle las decisiones difíciles a la gente", ha señalado. El socialista Pedro Sánchez ha afirmado que "esto es lo que ocurre con las consultas que vienen a trasladar a la ciudadanía los problemas que deben ser resueltos por los políticos". Que super-hiper-mega-demócratas. Isto é unha das razóns de porque moitos britanicos non confian na UE, as suas institucións están cheas de lixo como estes dous.

1 nostrus

Montesio. O pobo nombra unhos representantes para que lle solucionen os problemas, pero si logo todo hai que solucionalo mediante referendos....¿para que estan os gobernos?. Aos gobernos nombraos o pobo a traves dos politicos e logo esixelle resultados e si o pobo vota en contra do goberno é porque este non o fai ben.