Un incendio en Sanxenxo calcina colectores, dous coches e unha moto durante a madrugada

O lume, rexistrado na rúa Panadeira, afectou tamén ao cableado eléctrico e mobilizou bombeiros, Policía Local e GES.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 02/08/2025 | Actualizada ás 13:33

Comparte esta noticia

O Concello de Sanxenxo informou de que na madrugada deste sábado arderon tres colectores na localidade, un lume que afectou tamén a unha motocileta e a dous coches que estaban estacionados, así como ao cableado eléctrico. En concreto, o incendio rexistrouse na rúa Panadeira e comezou ao redor das 04.15 horas, segundo indicou a Europa Press o 112 Galicia. Ademais, a Central de Emerxencias detallou que o lume calcinou por completos dous dos colectores. Ata alí desprazáronse bombeiros, axentes da Policía Local e o GES.

Sala de operacións 112 Galicia. XUNTA
Sala de operacións 112 Galicia. XUNTA

Doutra banda, unha muller foi trasladada ao hospital tras ser atropelada na mañá deste sábado na rúa Madrid, fronte ao Concello. O accidente produciuse por mor dunha manobra dun coche marcha atrás, o que provocou á muller un golpe na cabeza, polo que necesitou asistencia sanitaria. Con todo, fontes do Concello apuntan que non está nunha situación grave.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta