O 26X deixa a Feijóo e o PSdeG reforzados para as autonómicas e tocado a En Marea

O presidente galego repetiría unha maioría absoluta se se extrapolaran estes resultados ás autonómicas do inverno, grazas, en parte, á fortaleza do PP de Ourense. Leiceaga afianzase como alternativa a Feijóo. En Marea terá que afrontar cambios importantes e Ciudadanos e o BNG case que desaparecen das escena política.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 27/06/2016 | Actualizada ás 00:20

Comparte esta noticia

Nin as enquisas previas ás eleccións, nin as realizadas hoxe a pe de urna vaticinaban os resultados finais do 26X. En Galicia e no Estado sucedeu o mesmo que en Reino Unido, os inquéritos non deron pe con bola ou alguén quixo que non deran pe con bola.  Estes comicios, a diferencia do que aconteceu hai seis meses deixan a un partido claramente reforzado, o PPdeG, e a outro tocado, En Marea.

Rajoy con Feijóo en un mitin
Rajoy con Feijóo en un mitin

PPdeG e En Marea son a cara e a cruz duns comicios nos que non todo foi o que parecía. Os galegos penalizaron, finalmente, a Podemos, Anova, EU e as mareas e reforzaron o liderato de Alberto Núñez Feijóo de cara a uns comicios que se celebrarán en menos de cinco meses.

Este 26X tamén deixa a un PSdeG reforzado baixo un novo líder. Xaquín Fernández Leiceaga, a pesar de ser discutido dentro do seu partido, consegue afianzarse como a alternativa a Feijóo para as vindeiras autonómicas, ao subir un punto con respecto ás eleccións de decembro, e volver situar ao seu partido como o segundo máis votado, tras o sorpasso de En Marea.

E na cara oposta están Ciudadanos e o BNG. O partido de Albert Rivera paga caro as diferencias mantidas na recta final da campaña e o cambio do seu candidato na Coruña, mentres que o BNG segue en caída libre e deixa polo camiño 1,5 puntos para quedar con menos dun 3% dos votos, nunha situación moi difícil de cara as vindeiras autonómicas.

O PPdeG  mellora en todas as provincias

A gran abstención con respecto aos comicios de decembro favoreceu ao PP que mellorou a súa porcentaxe de votos en todas as provincias galegas, especialmente, en Ourense, onde volveu aos seus mellores tempos, case superando o 50% dos votos e sacando tres dos catro escanos en liza. Foi nesta provincia onde En Marea perdeu o seu escano, pasando de case o 18% dos votos, ao 15,5%.

De feito, os populares volveron facer gala da súa fortaleza nas zonas do interior. Como en Ourense, tamén en Lugo, este partido subiu cinco puntos para situarse en case o 48% da porcentaxe, aínda que non foi suficiente para recuperar o escano perdido en decembro pasado. Os socialistas mantiveron a súa porcentaxe de voto e En Marea baixou pouco máis de dous puntos.

Pero a baixada de En Marea foi xeralizada en todo o país. Conseguiu manterse como segunda forza nas provincias de A Coruña e Pontevedra, pero deixando polo camiño tres puntos con respecto aos comicios de decembro.

O PP sobe nas zonas urbanas

Tamén conseguiu o PP subir nas zonas urbanas, nas que sufrira un severo correctivo hai seis meses. Así, volveu alzarse co escano perdido da Coruña, aínda que nesta provincia foi a costa de Ciudadanos, que desaparece da política galega. E non foi tanto pola baixada da formación laranxa, senón pola suba de case 5 puntos do PPdeG.  Unha suba que contrasta coa baixada de case 3,5 puntos de En Marea, que mantivo os seus dous escanos, e a pequena suba do PSdeG, de pouco máis de medio punto.

En Pontevedra, mantéñense os mesmos resultados que hai seis meses, aínda que con subas porcentuais de populares e socialistas e unha baixada de case tres puntos de En Marea. O PP obtén 3 deputados, En Marea, 2 e o PSdeG, 2. Nesta provincia, En Marea baixou case tres puntos, mentres que o PSdeG subiu 1 e o PPdeG, case catro puntos. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

10 Susavila

Que contentos estamos no Partido Podre, temos 1/3 dos votos e 1/5 dos eleitores con dereito a voto (non nos votaron 2/3, 4/5 pasan de nós)! Que ledos no PsoEspañol, acadamos os piores resultados da historia pero mantemos a segunda praza, e papelón o que nos espera (permitir gobernar ao PP ou terceiras eleccións)! Que felices en Mareas de Podemos, somos os mais alternativos pero acabamos de queimar unha oportunidade única, en Galiza non imos combater pola presidencia pero somos novos e guais! Que gozo no BNG, nós desaparecemos de vez pero os ex tampouco trunfan! Que alegria en Ciudadanos, baixamos pero os votos voltaron á casa (do PP, claro)! Os partidos fallaron, o sistema faliu... Hai necesidade de construir fóra da cloaca, desde a horizontalidade, sen partidos guía, sen tutelas de Madrid, sen trepadores, desde e para o século XXI (superemos os setentas, o 36 e o regionalismo).

9 O enterrador de Castroforte

O PSdG e Leiceaga seguen a perder votos. Mantén a segunda posición pola debacle das Mareas... Menos lobos....

8 Fillos probetas do CNI

Magoa do revés das Mareillas-Podemicas, agora toca aturar outros 4 anos a sua demagoxia, no canto de tocar goberno e caerlles a careta nada mais pisar moqueta. Outros 4 anos da demagoxia populista do vello, do coletas, da Yoli Procesións e o poeta nihilista que cobra por rima. Nada mais pensalo ponseme o pelexo de pita. Total, moven o mesmo o voto PePeiro, que o propio, e como decía a Thatcher cando perdeu as eleccións: "da igoal quén gañe, acadamos que a oposición sexa o mesmo ca nós". Iso sí, o voto nacionalista e soberanista nas nacións sen estado, a protesta nas ruas, grevas e loita popular, tocado, mais ainda resistindo boiando. Ese si foi o obxetivo dos Podemitas, a OTAN, UE e "sacrosanta" unidade de destino en nancarrota, salvados.

7 balbino

Outra vez os nacionalismos son claves e imos quedar fora, Canarias vai ser a gran beneficiada desta vez, A Marea-podemos veu para mudalo todo e lamentablemente o único que conseguíu foi facerlle o traballo o PPSOE de apaciguar os independentismos. O PP saílle o plan a perfección e cólocase primeiro para as autonómicas galegas canto imos votar de menos os bipatido da Xunta, o goberno menos malo da Xunta con diferenza.

6 Próculo

Buitrón senador por Extremadura, a escoller Cáceres ou Badajoz