O 26X deixa a Feijóo e o PSdeG reforzados para as autonómicas e tocado a En Marea

O presidente galego repetiría unha maioría absoluta se se extrapolaran estes resultados ás autonómicas do inverno, grazas, en parte, á fortaleza do PP de Ourense. Leiceaga afianzase como alternativa a Feijóo. En Marea terá que afrontar cambios importantes e Ciudadanos e o BNG case que desaparecen das escena política.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 27/06/2016 | Actualizada ás 00:20

Comparte esta noticia

Nin as enquisas previas ás eleccións, nin as realizadas hoxe a pe de urna vaticinaban os resultados finais do 26X. En Galicia e no Estado sucedeu o mesmo que en Reino Unido, os inquéritos non deron pe con bola ou alguén quixo que non deran pe con bola.  Estes comicios, a diferencia do que aconteceu hai seis meses deixan a un partido claramente reforzado, o PPdeG, e a outro tocado, En Marea.

Rajoy con Feijóo en un mitin
Rajoy con Feijóo en un mitin

PPdeG e En Marea son a cara e a cruz duns comicios nos que non todo foi o que parecía. Os galegos penalizaron, finalmente, a Podemos, Anova, EU e as mareas e reforzaron o liderato de Alberto Núñez Feijóo de cara a uns comicios que se celebrarán en menos de cinco meses.

Este 26X tamén deixa a un PSdeG reforzado baixo un novo líder. Xaquín Fernández Leiceaga, a pesar de ser discutido dentro do seu partido, consegue afianzarse como a alternativa a Feijóo para as vindeiras autonómicas, ao subir un punto con respecto ás eleccións de decembro, e volver situar ao seu partido como o segundo máis votado, tras o sorpasso de En Marea.

E na cara oposta están Ciudadanos e o BNG. O partido de Albert Rivera paga caro as diferencias mantidas na recta final da campaña e o cambio do seu candidato na Coruña, mentres que o BNG segue en caída libre e deixa polo camiño 1,5 puntos para quedar con menos dun 3% dos votos, nunha situación moi difícil de cara as vindeiras autonómicas.

O PPdeG  mellora en todas as provincias

A gran abstención con respecto aos comicios de decembro favoreceu ao PP que mellorou a súa porcentaxe de votos en todas as provincias galegas, especialmente, en Ourense, onde volveu aos seus mellores tempos, case superando o 50% dos votos e sacando tres dos catro escanos en liza. Foi nesta provincia onde En Marea perdeu o seu escano, pasando de case o 18% dos votos, ao 15,5%.

De feito, os populares volveron facer gala da súa fortaleza nas zonas do interior. Como en Ourense, tamén en Lugo, este partido subiu cinco puntos para situarse en case o 48% da porcentaxe, aínda que non foi suficiente para recuperar o escano perdido en decembro pasado. Os socialistas mantiveron a súa porcentaxe de voto e En Marea baixou pouco máis de dous puntos.

Pero a baixada de En Marea foi xeralizada en todo o país. Conseguiu manterse como segunda forza nas provincias de A Coruña e Pontevedra, pero deixando polo camiño tres puntos con respecto aos comicios de decembro.

O PP sobe nas zonas urbanas

Tamén conseguiu o PP subir nas zonas urbanas, nas que sufrira un severo correctivo hai seis meses. Así, volveu alzarse co escano perdido da Coruña, aínda que nesta provincia foi a costa de Ciudadanos, que desaparece da política galega. E non foi tanto pola baixada da formación laranxa, senón pola suba de case 5 puntos do PPdeG.  Unha suba que contrasta coa baixada de case 3,5 puntos de En Marea, que mantivo os seus dous escanos, e a pequena suba do PSdeG, de pouco máis de medio punto.

En Pontevedra, mantéñense os mesmos resultados que hai seis meses, aínda que con subas porcentuais de populares e socialistas e unha baixada de case tres puntos de En Marea. O PP obtén 3 deputados, En Marea, 2 e o PSdeG, 2. Nesta provincia, En Marea baixou case tres puntos, mentres que o PSdeG subiu 1 e o PPdeG, case catro puntos. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

5 retrinco

O PSOEZ reforzado? Con cinco mil votos menos, os mesmos deputados, a cinco do PP, sen dirección e o partido fundido en Madrid non pode decirse que é gañador. Igual de mal o ten a Marea, que paga a traición de Beiras. Pras autonómicas, hai que voltar ás raíces. O lugar do nacionalismo e da esquerda está no BNG.

4 Bufffff

Que sigan co sectarismo, desprezando aos católicos; prohibindo as casas rexionais, os touros, etc. Que sigan impoñendo o galego na Coruña desprezando aos castelán falantes nunha cidade onde non fala galego nin o can. Estamos penso que mais perto do consello de guerra que condene a morte a tanta escoria sectaria de manipulación social. Non é normal que teñamos na Coruña de concelleiros a chusma batasuna da FPG.

1 Paquito

Nin as casas rexionais nin os touros se prohibiron, o único que se fixo foi deixalos en mans da iniciativa privada (esa que tanto lles gusta a algúns), que decidiu que non eran actividades rendibles economicamente. E sobre o galego, pois non sei que dicir, xa sei que a algúns lles molesta que onde antes o concello só usaba un idioma, agora se usen dous, pero de aí a falar de "impoñer"...

3 vexo a tele...logo existo

Tiñan que parir Podemos-Mareillas nas cloacas do CNI para sacar as protestas das ruas, salvar o corrupto bipartidismo tradicional PPSOE e a sacrosanta unidade de ese enxendro prostibulo e cova de Ali Babá, chamado Expaña.

1 Montesío

Propoño exactamente iso, cambiarlle o nome a España por "La cueva de Ali Babá". Moito máis acaído.

2 nostrus

Podedes escupir canto queirades que España é unha gran nacion, inda a pesar de xente coma vos. Sodes escoria noxenta que elexides a condena ao sufrimiento perpetuo. Quen fai antipatica a España sodes vos e os corruptos

2 Antonino

Adiante ca UPG. Entre todos conseguistes acabar con Galiza

1 Montesio

Xa o sabemos. Toda a culpa do que pasa en toda España é do Bloque... Aburrides.

1 nacionalista

stop censura!!!! stop -vieirismo!!!! stop podreiros!!!!

1 Dores

Hahahaha... Xa volviches! Que simpático... Ti e o falanxista coruñés de arriba ao que só lle falta publicar o DNI sodes o mellor deste xornal.