Pablo Iglesias debe chamar máis seguido por teléfono a Beiras

Parece ser que as chamadas telefónicas de Pablo Iglesias a Rodríguez Zapatarero servíronlle de pouco. Polo menos así o indica o resultado electoral, que malia os guiños á socialdemocracia e a imposición dun discurso posibilista, non deu os resultados esperados.

Por Lois Pérez Leira | Vigo | 27/06/2016

Comparte esta noticia

En pouco tempo de proclamar a consígnade todo o poder “aos Soviet” (círculos) pasaron a esixir todo o poder “aos pratós”. Esta proposta organizativa reflexouse na escasa ou nula participación das bases de En Marea ou Unidos Podemos, nesta campaña electoral. En Vigo onde resido, a mesma foi notable. Si falo máis en concreto ao meu barrio do Calvario, só en dúas oportunidades vellos militantes de IU, repartiron folletos en dúas oportunidades. Mentres en teoría existe un círculo de Podemos do Barrio, que nin nunha soa oportunidade realizou propaganda. Tampouco ninguén os coñece, debe ser un circulo de pantasmas.

Como diría Mao, Unidos Podemos ou a variante En Marea é “un tigre de papel”. Ten millóns de votos pero non teñen organización, nin a experiencia, nin os cadros necesarios, para ser a alternativa rupturista que se necesita.

O retroceso electoral en Galicia, a perda dun deputado, débenos chamar á reflexión. Porque non se seguiu avanzando, malia a perda de votos do BNG?

Está claro que o acordo electoral de cúpulas de Esquerda Unida, Anova e Podemos que impuxeron candidatos, na maioría dos casos descoñecidos e poucos representativos, (con excepcion de Fernán Vello e Méndez Ferrín ao senado) son unha alianza superestrucutural con escasa base social organizada. Este acordo electoral dependente de Unidos Podemos, foi relegada pola propia condución de Madrid. Para a “nova política” madrileña Galicia vale pouco. Doutra banda quen fose líder de referencia de Pablo Iglesias  Xosé Manuel Beiras foi marxinado do seu liderado natural da esquerda galega. As actitudes oportunistas de Yolanda Díaz de Esquerda Unida e as indefinicions de Podemos Galicia, aportaron o seu grao de area para debilitar esta coalición, cando máis o necesitaba.

Malia as citicas que no meu caso non son novas, considero que se debe intentar un goberno de esquerdas, conformando unha gran maioría política co apoio das forzas nacionalistas de Euskadi e Cataluña. Onde se privilexie os dereitos sociais da poboación, os dereitos nacionais e se abra un proceso constituinte no Estado español.

En Galicia débese abrir un proceso de reflexión e de autocritica colectiva. Temos que pensar en clave galega, volver a recordade que en Madrid pénsase na “Patria española” e nós debemos de pensar na “Patria Galega”. O noso horizontes é gobernar Galicia e a única posibilidade é que Xosé Manuel Beiras asuma o liderado deste proceso, tendo como aliado privilexiado aos compañeiros do BNG, coa participación doutras forzas soberanistas  como Primeira Agora Galiza, FPG, Causa Galiza, Abrente, FOGA, Coalicion Galega, Nova Esquerda Socialista, Xuntos Podemos etc. O núcleo central debe ser a esquerda patriótica galega, para logo sumar á esquerda estatal federalista, que queira asumir de forma autónoma, un programa de esquerdas e inicie un proceso constituinte en Galicia.

Xosé Manuel Beiras hoxe mesmo debe dar un “zapatazo político” sobre a mesa, para reconducir este proceso político en Galicia, do contario os inventores da “Nova Política” levásennos a unha nova frustración política, que permitirá que siga gobernado en Galicia o PP.

A Pablo Iglesias  recoméndolle que chame máis a miúdo a Xosé Manuel Beiras, quizais poida seguir aprendendo dun vello loitador e líder da esquerda patriotica galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.