Crise na Deputación de Lugo

O apoio do PPdeG e do díscolo Martínez ás contas presentadas polo presidente Darío Campos, ameazan con romper o pacto de goberno tras o voto en contra do BNG.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 27/06/2016 | Actualizada ás 12:13

Comparte esta noticia

Non hai mes que non haxa sobresaltos na Deputación de Lugo e, desta volta, non chega por parte da oposición, senón dos propios grupos de goberno. O BNG baralla xa deixar o ente provincial tras o acordo ao que chegaron este luns o PPdeG, o diputado díscolo Manuel Martínez e o PSdeG.

Darío Campo, do PSdeG, e Antonio Veiga, do BNG, na Deputación de Lugo
Darío Campo, do PSdeG, e Antonio Veiga, do BNG, na Deputación de Lugo | Fonte: deputacionlugo.org

Finalmente, e tras meses de desacordos, o presidente provincial, Darío Campos, chegou a un acordo con populares e Martínez para aprobar as contas da deputación, pero sen o consenso co seu socio de goberno. Os nacionalistas foron os únicos que, no pleno deste luns, votaron en contra dun acordo que saíu aprobado por maioría.

A esta situación chégase logo de varios bloqueos propiciados polo PPdeG e Martínez que, no último pleno para decidir as contas, no do 19 de maio, se puxeron de acordo para volver enmendar os presupostos o que motivou que Campos os retirara definitivamente.

E, durante este último mes, o presidente provincial estivo buscando o consenso, principalmente, do PPdeG para aprobar unhas novas contas que contentaran a todos. Unha situación que, sen embargo, chocou co seu socio de goberno que xa anunciou que decidirá se continúa ou non no organismo provincial. Será esta tarde cando a Executiva Nacional do BNG decida se valida este acordo ou, se pola contra, decide marchar da oposición e deixar só ao PSdeG. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta