Diego Calvo, presidente de Galicia durante os "días de descanso" de Rueda

Alfonso Rueda disfrutará esta semana de días libres tras cancelar as vacacións en agosto polos incendios de Ourense.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/10/2025 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asumirá desde este luns as funcións do presidente da Xunta durante os "días de descanso" de Alfonso Rueda. Así, segundo trasladaron fontes de Presidencia do Executivo autonómico a Europa Press, Diego Calvo será o encargado de presidir a reunión semanal da Xunta.

Pola súa banda, Alfonso Rueda pasará "uns días de descanso, sen actividade pública," despois de que en agosto cancelou as súas vacacións familiares pola onda de incendios que afectou a Galicia, especialmente á provincia de Ourense. Desta forma, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará este luns a delegación de funcións en Diego Calvo, que xa substituíu ao presidente autonómico noutras ocasións, durante viaxes institucionais.

Diego Calvo, conselleiro de Presidencia, xunto co presidente da Xunta, Alfonso Rueda
Diego Calvo, conselleiro de Presidencia, xunto co presidente da Xunta, Alfonso Rueda | Fonte: David Cabezón

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta