Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2025 | Actualizada ás 16:35
A portavoz de Sanidade do BNG, Montse Prado, anunciou que o BNG formulará unha emenda á totalidade do proxecto da lei galega contra as adiccións das persoas menores ao ser un texto "falto de concreción, prazos e recursos", onde se inclúen medidas "sen establecer o ámbito no que se van a aplicar, nin os colectivos destinatarios".
Nun comunicado, advertiu de que o PPdeG presenta unha lei para "a súa autocompracencia" e que "dificilmente" alcanzará os obxectivos que pretende porque "non se pode protexer a saúde dos menores nin a prevención de condutas aditivas sen un aumento do número de pediatras, sen dispositivos de saúde mental ou sen dispor dun número de docentes concreto".
Prado criticou que o Executivo galego "deriva" a concellos e entidades locais "actuacións que son de competencia da Xunta sen orzamentos asociados". Outro dos motivos da emenda enmárcase en que a norma está "estritamente centrada" nos aspectos de infraccións e sancións en lugar de "na prevención, educación e na intervención temperá".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.