Sumar Galicia lanza unha Iniciativa Lexislativa Popular "polo dereito a unha vivenda digna" en Galicia

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2025 | Actualizada ás 15:30

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Movemento Sumar Galicia, Paulo Carlos López, anunciou este sábado que a súa organización lanzará nas próximas semanas unha Iniciativa Lexislativa Popular "polo dereito a unha vivenda digna" en Galicia. Así o anunciou este sábado no marco das xornadas 'Polo dereito a unha vivenda digna non noso País', organizadas por Movemento Sumar Galicia en Santiago de Compostela. Alí, sinalou que lanzarán esta ILP "con diversos colectivos sociais".

Tal e como explicou, nas próximas semanas darán a coñecer o texto e a comisión promotora, todo iso coa finalidade de actualizar a Lei do ano 2012, "que está totalmente desactualizada". En concreto, relatou que os principais obxectivo son "regular os prezos dos alugueres para subir a porcentaxe de promoción de vivenda pública, establecer un réxime sancionador que funcione para as vivendas de uso turístico e tamén para facer un mecanismo efectivo desde o punto de vista da mobilización das vivendas baleiras".

É dicir, trátase de "incorporar os aspectos positivos da lei 12/2023 a un texto adecuado a unha nova realidade, para que a cidadanía galega, en especial a xente nova, poida acceder a unha vivenda digna sen ter que deixarse o 70% do seu salario".

Pola súa banda, a portavoz de Sumar no Congreso e presidenta de Movemento Sumar Galicia, Verónica Barbeiro, sinalou que "a vivenda é hoxe en día unha aspiradora de riqueza das clases traballadoras, como extracción cara aos rentistas". "As políticas levadas a cabo ata hoxe responden á concepción errónea de que o mercado se autorregula, unha concepción impulsada tanto polo PP como polo PSOE e que non está a ser contestada. Hai que abandonar as fórmulas fracasadas", concluíu.

O portavoz de Sumar Galicia, Paulo Carlos López,
O portavoz de Sumar Galicia, Paulo Carlos López, | Fonte: M. Dylan - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta