Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/08/2025 | Actualizada ás 11:31
O expresidente de Ecuador Rafael Correa terminou esta semana o Camiño de Santiago tras completar 260 quilómetros en bicicleta pola ruta interior desde O Porto.
"Camiño durísimo en bicicleta, pero repleto de pobos medievais, pontes e vías romanas, viñedos e xente linda", destacou nunha mensaxe nas súas redes sociais que acompañou dunha foto na compostelá Praza do Obradoiro.
Así, Correa explicou que para chegar á capital galega desde Portugal cruzou "dúas pequenas cordilleiras" e durante tres días tivo "3.000 metros de subidas". "Durísimo", aseverou tras apuntar que preparou a ruta coa axuda de ChatGPT, que lle asegurou que sería unha experiencia de "nivel medio de dificultade".
Despois, xa na ruta, a aplicación 'Komoot', de planificación de itinerarios, indicaba que era "para especialistas". "Só por iso, ChatGPT deixou de ser o meu mellor amigo", relatou.
Tamén detallou que durante os 260 quilómetros realizados pasou dúas noites de campamento e duas en albergues de peregrinos. A última etapa, duns 70 quilómetros, apuntou, tivo que dividila en dúas porque "as pernas xa non daban". "Pero chegamos!", celebrou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.