Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/08/2025 | Actualizada ás 12:14
Só 10 universidades españolas sitúanse entre as 500 mellores do mundo, segundo o Ranking Académico de Universidades do Mundo (ARWU), coñecido como o ranking de Shanghái. En canto ás galegas, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) mantense por baixo no chanzo 501-600 e Vigo entre o 801 e o 900 mientra que a UDC non aparece.
As universidades españolas recoñecidas entre as 1.000 mellores a nivel global volven ser 36 en 2025, mesmo número que na edición do ano pasado. O ranking, que se publica cada 15 de agosto, segue liderado pola Universidade de Harvard, seguida pola de Stanford e polo Instituto Tecnolóxico de Massachusetts, o tres de Estados Unidos (EEUU).
En España, a máis valorada un ano máis é a Universidade de Barcelona, que figura entre as 200 mellores, tras aparecer en 2023 na franxa 201-300. Así mesmo, en 2025 aparece no ranking por primeira vez a Universidade de Las Palmas de Gran Canaria na franxa de 901-1000. A Universidade de Valladolid, presente na franxa 901-1000 en 2024, saíu do ranking nesta edición.
Oito universidades empeoran o seu resultado (a de Murcia, a da Lagoa, a das Illas Baleares, a de Lleida, a de Málaga, Jaume I, a de Castela-A Mancha, a de Xirona). Pola contra, a Universidade de Oviedo, a Rovira i Virgili, a Politécnica de Cataluña, a de Cantabria, a de Xaén mellórano.
USC
En canto á USC, segundo informou o seu reitorado, está no intervalo 501-600. Ademais desta clasificación xeral, ARWU publica, tamén de maneira anual, un ranking de universidades por ámbitos temáticos, cuxa última edición veu a luz a finais de 2024.
Nesta clasificación, a USC ocupa o chanzo 51-75 en Ciencias Veterinarias (posición 4-5 entre as universidades de toda España) e o 76-100 en Farmacia e Ciencias Farmacéuticas (posto número 2 a nivel estatal). A terceira mellor posición nesta clasificación internacional de universidades segundo campos temáticos é para Odontoloxía e Ciencias Orais, ámbito que ocupa o intervalo 151-200 a nivel mundial e o posto 4-5 entre as universidades españolas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.