(Vídeo)"Deixouse queimar todo o Valmeladas e nos quitaron de alí de apagalo"

Un voluntario, impotente, ante como se queima toda Trevinca. Fan chamamento a voluntarios para que acudan á zona.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/08/2025 | Actualizada ás 10:10

Comparte esta noticia

"O incendio, do territorio de Pena Trevinca, para a Xunta non existe, non figura nos datos oficiais. E segue activo e consumindo hectáreas e hectáreas de monte. E o único que pedimos é biodiversidade que é fundamental", di nun vídeo este voluntario que leva días axudando a conter o incendio de Trevinca.

Así quedou a Lagoa da Serpe, en Trevinca, antes e despois da vaga de incendios de Ourense
Así quedou a Lagoa da Serpe, en Trevinca, antes e despois da vaga de incendios de Ourense | Fonte: remitida

Alí, na tarde deste mércores non houbo case medios.  "Non houbo ningunha descarga de medio aéreo ningunha, se deixou arder todo o Valmeladas e nos quitaron de alí de apagalo", queixase.

"Xa non se trata de estadística do que leva ardido aquí, senón de todo o que se está perdendo e aínda está activo, sen control, e segue sen aparecer nos datos oficiais e seguimos sen medios suficientes", conclúe.

AXUDA

Precisamente, a xente de Casaio, en Valdeorras, e a poboación que está máis preto do Teixedal de Casaio, precisa axuda profesional con coñecementos e equipamento na zona de Trevinca. "Levan días loitando contra o lume e están prácticamente sós. É a nosa responsabilidade facer presión pra que a UME actúe. Chamemos en bloque ao 085 e 112 para que envíen efectivos", indican.

Precisamente, esta é unha das zonas máis castigadas polos incendios. Arderon dúas delas, unha delas a de San Vicente da Leira, e a piques estivo de queimar co bosque máis antigo de Galicia, o Teixedal de Casaio, tras arrasar con toda Trevinca, onde está o pico máis alto do país. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Gracias por abrir o vídeo aos que non queremos saber nada do Mark Zuckerberg ! Por certo, sería posible ver en aberto tódolos vídeos da vosa canle de INSTA ?