Rescatan unha muller falecida que quedara inconsciente no mar en Cee

Xunto a ela foron rescatados un home e un menor, evacuados ao Hospital Virxe da Xunqueira.

Por Europa Press / Redacción | CEE | 26/08/2025 | Actualizada ás 18:39

Comparte esta noticia

Unha muller faleceu este martes tras ser rescatada inconsciente do mar no municipio coruñés de Cee, concretamente na Praia de Lires. Segundo informou o 112, xunto a ela foron rescatados tamén un home e un menor, ambos evacuados ao Hospital Virxe da Xunqueira.

Ao parecer as tres persoas entraron ao mar xuntas e foron arrastradas pola corrente. No dispositivo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Salvamento Marítimo, Garda Costas de Galicia, a Garda Civil e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cee.

Hospital Virxe da Xunqueira, en Cee. CIG
Hospital Virxe da Xunqueira, en Cee. CIG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta