Por que perdeu apoios En Marea o 26X?

Diferencias internas apreciables, diferencias persoais entre Beiras e Yolanda Dīaz que xa non se ocultan e a realización dunha campaña paralela na coalición galega pode estar detrás dos malos resultados. A elección do futuro candidato, o principal atranco para visibilizar unha alternativa.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 29/06/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

As facianas dos principais dirixentes de En Marea na noite do 26X eran un poema. Nin nas súas peores previsións podían pensar nuns resultados electorais como os que se produciron ese día. Todas as enquisas, as preelectorais, as electorais e as do mesmo día das eleccións, dábanlle moi boas perspectivas. Mesmo as enquisas propias que manexaba Podemos en Madrid apuntaban unha tendencia á alza. Por iso, a tranquilidade era absoluta.

Beiras, de ANOVA, Pablo Iglesias de Podemos e Yolanda Díaz, de Esquerda Unida
Beiras, de ANOVA, Pablo Iglesias de Podemos e Yolanda Díaz, de Esquerda Unida | Fonte: Podemos

O propio rexedor da Coruña, Xulio Ferreiro, amosábase pletórico pouco despois de coñecerse as primeiras sondaxes a pe de urna, aínda que suliñaba que había que ser prudente e xa pensaba en ir a Compostela para celebralo. Ao final, a sorpresa foi maiúscula e foron moitos os dirixentes que se preguntaban que pasara coas enquisas.

“As enquisas non son o problema, o problema é que non soubemos visibilizar o cambio, nin houbo as ganas e as ilusións que houbo na campaña de decembro”, apunta un dirixente de En Marea consultado. E é que os resultados colleitados fixeron aflorar diferencias e feridas que aínda non están fechadas, sobre todo, a que existe en parte de Anova polo trato dado a Xosé Manuel Beiras.

Beiras

Un Beiras que estoupou a poucas semanas das eleccións criticando duramente a Yolanda Díaz. De feito, a relación entre os dous é inexistente e o seu enfrontamento mesmo provocou o distanciamento da dirección de Podemos co veterano líder nacionalista. Tampouco a relación dos deputados Antón Gómez-Reino e Ánxela Rodríguez  coa nova cúpula de Podemos-Galicia son boas e esta distancia tamén se trasladou á campaña electoral.

Xosé Manuel Beiras con Carolina Bescansa e Carmen Santos, de Podemos, e Eva Solla, de EU
Xosé Manuel Beiras con Carolina Bescansa e Carmen Santos, de Podemos, e Eva Solla, de EU | Fonte: EP

Por iso, En Marea fixo dúas campañas; a oficial, do tándem Díaz-Rodríguez-Gómez-Reino e a a menos oficial de Beiras e Carmen Santos. De feito, a secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, dicía este martes que non se sente responsable dos resultados , na medida na que era "unha segunda volta" e que o pacto viña de antes de que ela asumise as rendas da organización. "Non foi realizado por min, nin por Podemos Galicia, víñanos todo dado", dixo este martes nunha entrevista con Europa Press.

En todo caso, non se quixo adiantar aos factores que levaron á situación de perda de máis de 66.000 votos en Galicia, aínda que considerou que se deben a varios motivos. "Cremos que houbo diferentes motivos, non houbo un, só unha causa soa, non soubemos comunicar ben o proxecto, non soubemos comunicar como se integraba En Marea en Unidos Podemos e non soubemos explicar ben o proxecto e a xente non se sentiu motivada para ir votar de novo", analizou.

Candidato para as autonómicas

E, agora, despois dos resultados, esas diferencias, que semellaban anécdotas, convertéronse nun problema de difícil solución, sobre todo, cando a menos de cinco meses haberá unha novas eleccións en Galicia e En Marea non ten nin candidato, nin estrutura concreta.

Precisamente, as diferencias sobre o futuro candidato tamén xa se trasladan aos alcaldes das mareas municipalistas. Este mesmo martes, o da Coruña, Xulio Ferreiro, era partidario de buscar xa unha persoa que lidere a lista cidadán nas eleccións autonómicas para que se foguee e sexa coñecido, mentres que o seu homólogo de Santiago, Martiño Noriega, é partidario de agardar e non abrir novas frontes ata non estar seguro de quen pode ser esa persoa. Un perfil, que polo momento, é difícil consensuar, precisamente, pola diferencia entre os principais actores das mareas.

Este mesmo martes, Marea Atlántica da Coruña, daba un paso adiante e apostaba porque sean as mareas municipalistas as que lideren o proceso para as autonómicas. Argumenta que o retroceso de En Marea o 26X deixa claro que "só unha marea unida, plural e liderada pola cidadanía, construída de abaixo a arriba e radicalmente democrática pode constituírse como alternativa ao Partido Popular".

Unha folla de ruta que non comparten en Podemos Galicia. Segundo fontes consultadas, polo momento "ese debate aínda non está aberto" e, cando se abra, terán que ser "todos os actores" os que decidan o futuro de En Marea "e non só a Marea Atlántica".

Tamén en parte de Anova, a pata nacionalista da coalición, teñen xurdido as críticas. A máis contundente, ata o de agora é a da eurodeputada Lidia Senra que critica que "nin se queira nin se quixo ver outra posibilidade e outras fórmulas de presentación" máis alá da simple coalición entre partidos coa que se concorreu de novo.

“Desembarco” de Madrid

Tamén denuncia o papel que Madrid, e non Galicia, tivo nesta campaña. “Erraron cando decidiron impoñer que non se explorara ningunha nova fórmula para ter grupo propio no Congreso e tamén, intensificando o desembarque triunfal de líderes e lideresas españolas que, aínda que en clave moderna, nada tiñan de diferente das campañas do españolismo de sempre", sinala en declaracións a GC. "Equivocáronse os que pensaron que a compoñenente nacionalista de En Marea non era un valor e que bastaban por eles sós”, dixo en alusión aos líderes de Podemos e IU.

Na súa opinión estes resultados son produto dun "severo castigo a estas actitudes prepotentes que na teoría din asumir que Galiza é suxeito político e mesmo están polo dereito a decidir, pero que na práctica actúan tratándonos como meras sucursais do centro español”.

Con todo, polo momento, dentro da coalición se ten establecido unha feble pax para tentar de desatascar as diferencias internas e, sobre todo, pata tentar evitar os erros que fixeron que perderan case 70.000 votos nos comicios do pasado domingo.

Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz nunha rolda de prensa
Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz nunha rolda de prensa | Fonte: V.C.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 27 comentarios

6 Un parado

Pero comó se pode votar a pijos disfrazados de comunistas . Toda a cúpula de ese partido son funcionarios, unhs cobrando sin traballar, outros con traballos de 400.000 pavos, outro presumindo de vivir de "pobre " etcetcetc . Hai que ser moi inocente para tragar . Donde están aquélas bases círculos do 15 m? Para votar a pijeria xa temos a rajoy ou sanchez , non fai falta andar descamisado ou deixar barba aparentando o que non se e.A milonga dura o que dura. Ah, e "todo sexa polo poder" tanto unhs coma outros

1 Gallego

Pero, ti pensas que Beiras, Yoli, Camilo Nogueira, Adán ou Vence, son outra cousa que pijos, ou aspirantes a pijos?

2 Un parado

Tiven a oportunidade de coñecer , xa fai anos, a beiras e a camilo ca sua clase e o seu estilo . Isos xamais superon o que e facer números para chegar a fin de mes. O caldo esta garantido. E ollo , mellor pa eles , pero que non me intenten vender a moto.

3 Dr. Bacterio

Cando vaias á Sanidade Pública, a que che miren o oco no que tiña que haber un cerebro, lembra que quen te vai atender: É UN FUNCIONARIO

4 Sesese

Xa sabes de que " funcionarios" falo . E por certo, hai moitos empregados sa sanidadeque non son funcionarios . Fai pouco atendeume uhna dotora que non era fun ionaria, e moi ben

5 Eu mesmo

Como dí unha persoa que adoita "podemizar" noutros foros: os eleitores sonche parvos. Éis unha profunda análise. Así nos vai. Na miña opinión algo terá que ver xentiña coma o concelleiro de IU en Vigo que nos califica de cretinos aos que defendemos a necesidade dun prupo parlamentar propio...

4 Carrizo

Afianzar proxecto, definir a alternativa e un programa en clave de país. O municipalismo é unha cousa boa, é un ámbito de traballo, de loita e organización. Pero non se pode dar resposta á problemática galega en base a sumar propostas dende o municipalismo (por moi democrático e estupendo que sexa). Unha visión holística, unha esquipa multidisciplinar que incorpore especialistas dos distintos ámbitos. As novas forzas non teñen que partir de cero, hai moito traballo sectorial feito. Mareas, prepárense e arrinquen dunha vez! Este país e as suas xentes non poden agardar mais...

1 comunista independentista

Moi ben. Unha reflexión construtiva e intelixente entre tanto ladrido da bloqueirada resentida. Parabéns. Agora, a correxir os erros e a conquerir a vitoria. E os cans, que ladren.

2 Michaella

Non sabía que foses capaz de identificar unha reflexión construtiva e intelixente. Quedo parva!

3 Merchuca

Por que en galego, separado cando é pregunta.

2 galegoexiliado

Mais preocupante é que que canto mais corruppto é un ppartido e mais arruina a un país mais votos recibe. A min preocúpame mais o tipo de xente que me rodea, que a pesares de estar no paro ou ter un nivel económico baixo, apoia cada dia mais a corrupción e aos corruptos que arruinan ó país e mandan aos seus fillos á emigración. O da esquerda hai tempo que non ten remedio, casi todos queren chegar ó poder e cambiar de clase social.