A USC avanza no control e prevención dun dos parasitos máis letais para as ameixas

Unha tese doutoral investiga a enfermidade provocada polo parasito 'Perkinsus olseni', que pon en risco a produción de ameixa xaponesa, unha das especies con maior produción en Galicia e en España.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2016 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

Unha tese doutoral, presentada na Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela (USC), investigou a enfermidade provocada polo parasito 'Perkinsus olseni', que pon en risco a produción de ameixa xaponesa, unha das especies con maior produción en Galicia e en España. O autor da investigación é Abul Farah Md. Hasanuzzaman, da Khulna University de Bangladesh, integrado no departamento de xenética da USC.

Ameixas
Ameixas | Fonte: Dianaccm08 en Wikimedia.

Segundo esta investigación, a comprensión dos mecanismos moleculares que están detrás desta enfermidade é un requisito esencial para desenvolver estratexias que permitan o seu control, polo que esta investigación representa "unha información clave" para conseguilo.

O estudo analiza os mecanismos xenéticos empregados polo parasito para superar as defensas inmunitarias da ameixa. Desta forma, puídose coñecer as causas desta tipoloxía e progresouse no coñecemento desta enfermidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA