Denuncian unha agresión a persoal do centro de saúde de Carballo

A Xunta de Persoal explica que "un erro informático no sistema de devolución de chamadas provocou que un usuario acudise ao centro e acabase agredindo ás profesionais de servizos xerais", situadas na entrada da instalación

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 24/09/2025 | Actualizada ás 17:46

Comparte esta noticia

A Xunta de Persoal da área sanitaria da Coruña-Cee denunciou unha agresión no centro de saúde de Carballo, sobre a que houbo unha reclamación, confirmou a Europa Press a xerencia.

"Houbo unha reclamación realizada polas canles internas e será respondida por eses mesmas canles internas", sinalaron a Europa Press en relación a este caso.

Sobre o sucedido, a Xunta de Persoal explica que "un erro informático no sistema de devolución de chamadas provocou que un usuario acudise ao centro e acabase agredindo ás profesionais de servizos xerais", situadas na entrada da instalación.

"Este novo suceso súmase á preocupante escalada de agresións que vimos denunciando reiteradamente e que mostra a falta de protección dos e as profesionais", sostén nun comunicado no que denuncia "ausencia de pesonal de seguridade nos centros" o que, engade, "deixa a traballadoras e traballadores en situación de inseguridade constante".

Centro de Saúde Carballo
Centro de Saúde Carballo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta