A Xunta cuestiona o 60% de seguemento da folga de profesores deste pasado xoves

O conselleiro de Educación defendeu que a situación de Galicia dentro do conxunto de España "é unha moi boa situación", aínda que tamén recoñeceu que "aínda quedan cousas por facer e por mellorar"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/09/2025 | Actualizada ás 14:46

Comparte esta noticia

O conselleiro de Educación, Ciencia e Universidades, Román Rodríguez, pronunciouse este venres sobre a folga de profesores de centros educativos públicos galegos convocada este xoves e cuestionou as cifras ofrecidas pola CIG e que sitúan o seguimento no 60%. Cabe lembrar que a Xunta rebaixou ao 14,8% esa cifra, motivo polo que Rodríguez considera que "á CIG fóiselle un pouco das mans".

Preguntado sobre esta diferenza, o responsable de Educación da Xunta insistiu en que "habería que preguntar á CIG de onde saca ese dato" e defendeu que a cifra ofrecida pola Consellería "é o dato case perfecto", xa que está baseado, segundo explicou, "nas peticións dos propios profesionais para poder ir a folga".

"Son datos absolutamente concretos e realistas. Eu creo que se lle foi un pouco das mans chegar ao dato do 60%. Creo que é moi importante sempre pór os datos encima da mesa para que se poidan avaliar. E digamos que o dato mata o relato", aseverou Rodríguez ante os medios este venres en Santiago nunha visita ao Centro de Investigación Mestrelab xunto á súa homóloga catalá, Núria Montserrat.

Neste contexto, cabe lembrar que a CIG cualificou de "moi maioritaria" a folga de profesores de centros educativos públicos galegos convocada este xoves, ao arranque do curso, e situou o seu seguimento por encima do 60%. Pola súa banda, a Xunta rebaixouno ao 14,8% e limitou a protesta á "liña estratéxica de confrontación" do sindicato nacionalista.

Nesta liña, Rodríguez incidiu en que "hai moitas cuestións que se están expondo e que, obviamente, enmárcanse nunha das liñas estratéxicas da CIG". Ademais, defendeu que a situación de Galicia dentro do conxunto de España "é unha moi boa situación", aínda que tamén recoñeceu que "aínda quedan cousas por facer e por mellorar".

Con todo, asegurou que Galicia ten os cocientes "máis baixos de España" e que, aínda que se fala de "perda de calidade", os informes PISA sitúan á comunidade "primeira de España en inclusión, en coñecemento de ciencias e en pensamento creativo".

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez / XUNTA / / Europa Press
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez / XUNTA / / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta