O PSdeG esixe un coidador todo o curso para Guille, estudante con discapacidade en Noia

Aitor Bouza acusa á Xunta de ofrecer “parches” tras as mobilizacións e pide estabilidade na atención educativa. A Xunta di que a asistencia está garantizada "todo o curso".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 30/09/2025 | Actualizada ás 15:41

Comparte esta noticia

O portavoz de Educación do PSdeG no Parlamento de Galicia, Aitor Bouza, anunciou que a súa formación lanzará unha "ofensiva" na Cámara galega para que a Xunta garanta un coidador para Guille, un estudante do IES Campos San Alberto de Noia que ten unha discapacidade do 86 por cento despois dun accidente de tráfico no que morreu o seu irmán.

Nun comunicado, Aitor Bouza sostén que despois de concederlle un coidador dúas horas ao día, agora a Xunta pasa a concederlle atención durante todo o horario lectivo, "pero só durante o mes de outubro". Bouza anunciou unha batería de iniciativas parlamentarias para que a Consellería de Educación garanta un coidador durante a totalidade do curso, como asegura que recomenda o informe médico.

O deputado socialista esixe ao Goberno galego que garanta "a estabilidade e á continuidade" na atención educativa que necesita este mozo e acusou ao Goberno galego de responder con "parches" despois da mobilización das familias, a comunidade educativa e a sociedade civil pero que "non resolverán o problema".

O parlamentario socialista reclamou á Xunta que tome as medidas necesarias para que "ningún neno ou nena con necesidades educativas especiais quede sen o apoio de coidadores ou coidadoras durante o curso escolar". Ademais, reclamou que dote aos centros educativos de "recursos suficientes" para atender de forma adecuada á diversidade do alumnado, reforzando no persoal de apoio educativo.

Aitor Bouza (PSdeG) promete como deputado.. PARLAMENTO DE GALICIA
Aitor Bouza (PSdeG) promete como deputado.. PARLAMENTO DE GALICIA

XUNTA

Pola súa banda, a  Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional replicou ao PSdeG que "é absolutamente falso" que a atención cun coidador ao alumno con discapacidade do IES San Alberto de Noia se limete ao mes de outubro ao asegurar que está garantida "todo o curso".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta