A Xunta pecha unha vivenda de maiores en Amoeiro ao detectar irregularidades graves

Por Erik Dobaño | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/10/2025 | Actualizada ás 18:47

Comparte esta noticia

A Xunta decretou o peche dunha vivenda comunitaria de maiores, de titularidade privada, no municipio ourensán de Amoeiro tras detectar inspección irregularidades na xestión e atención despois de que se presentase unha queixa.

Segundo fontes da Consellería de Política Social consultadas por Europa Press, na vivenda residían seis usuarios que, tras ser informadas as familias, xa foron reacollidos en centros públicos, cinco deles en Monforte de Lemos (Lugo) e outro en Barbadás (Ourense).

Estas mesmas fontes sinalaron que todos se atopan en bo estado e que foron trasladados acompañados por persoal da Administración autonómica en coordinación con Cruz Vermella.

Un home maior pasea apoiándose nun bastón
Un home maior pasea apoiándose nun bastón | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta