Xornada técnica sobre a pizarra na Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña

Congregou a máis de 50 profesores e alumnos no Salón de Graos. Un dos obxectivos desta sesión foi dar a coñecer e poñer en valor este material de construción aos estudantes.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 03/10/2025 | Actualizada ás 21:20

Comparte esta noticia

O Clúster da Pizarra de Galicia e a Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña (EUATAC), veñen de celebrar unha xornada técnica baixo o título de “A pizarra galega na construción”. Nunha sala que encheron máis de 50 profesores e alumnos dos dous últimos cursos desta titulación académica, analizáronse, entre outros temas, o uso actual deste material en obra, as súas características únicas e as razóns de peso para a súa elección, a relación da pizarra co medio ambiente e a sostibilidade, e os principais desafíos aos que se enfrentará no sector da construción, nos vindeiros anos.

Xornada técnica sobre a pizarra na Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña (2025). Foto: Clúster da Pizarra.
Xornada técnica sobre a pizarra na Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña (2025). Foto: Clúster da Pizarra.

A xornada técnica contou coas intervencións de Darío López Fernández, presidente do Colexio Oficial de Arquitectura Técnica de Ourense; Santiago López Piñeiro, arquitecto técnico experto en pizarra e Severino González, xerente do Clúster da Pizarra, cuxos comentarios e aportacións foron moderados por Juan Luis Pérez Ordóñez, director da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña.

O xerente do Clúster da Pizarra destacou que o obxectivo principal de celebración da xornada técnica foi achegar información deste material aos estudantes para que o coñezan ben e podan recomendar no futuro ao constructor e o arquitecto.

ACCIÓNS DE PROMOCIÓN DA PIZARRA

Esta xornada técnica complementa outras como a exposición titulada “Mostrando a pizarra”, inaugurada o pasado día 23 de setembro. A mostra, que se atopa situada no hall da pranta baixa da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña pódese visitar ata o vindeiro 6 de outubro.

A exposición viaxará posteriormente á Escola Técnica Superior de Arquitectura (ETSAC), onde tamén está contemplada a celebración dunha xornada técnica e outra visita, que esta vez realizarán ao sector, alumnos e profesores desta universidade e de Formación Profesional en Edificación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta