Jácome comeza unha guerra contra os taxistas de Ourense

Abrirá un expediente informativo por sospeitas de uso indebido de licenzas de taxis que poderían afectar a 19 taxistas.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 15/10/2025 | Actualizada ás 18:31

Comparte esta noticia

O Concello de Ourense anunciou que abrirá un expediente informativo por sospeitas de uso indebido das licenzas de taxis da cidade. Tal e como trasladou o Goberno municipal nunha nota de prensa, o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, expresou esta mañá a súa "preocupación" tras detectar unha "falta de taxis en horas punta nas paradas da cidade", que se "agravou especialmente" desde a chegada do AVE.

Segundo explicou o alcalde, o Concello de Ourense conta con 106 licenzas de taxis, pero foi coñecedor de que aproximadamente 19 licenzas non están a explotar a súa licenza de taxi como é a súa obrigación. "Están a traballar de facto coma se fosen VTC (vehículo de transporte con condutor), para servizos privados", afirmou.

Por iso, abrirá un expediente informativo para investigar estas circunstancias, que podería acabar coa retirada da licenza daqueles taxistas que estiveron a utilizar de forma fraudulenta a súa licenza. "É un feito grave, xa que se un 20% dos taxistas non fai o seu labor, a cidade nótao. Ademais, eses taxistas que non cumpren coas súas obrigacións fan dano aos outros 87 que se o fan", subliñou.

Ademais, ampliou que a situación se agrava tamén porque se están producindo casos similares no Concello de Barbadás, limítrofe con Ourense. Polo que os taxistas de Ourense "tamén están a atender a Barbadás, que ten 10.000 habitantes".

Viaxeiro esperando para coller un taxi na estación de tren de Ourense. EUROPAPRESS
Viaxeiro esperando para coller un taxi na estación de tren de Ourense. EUROPAPRESS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta