Educación acusa ao BNG de "buscar o conflito" na atención á diversidade por pedir máis docentes

O conselleiro, Román Rodríguez, reivindica as cifras da FP galega: 86% de empregabilidade en FP ordinaria e 100% en Dual.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 15/10/2025 | Actualizada ás 19:06

Comparte esta noticia

A deputada do BNG Cristina Fernández instou á Consellería de Educación a "deixar de manipular os datos" e a dotar de máis docentes para alumnado con necesidades específicas os centros educativos galegos, mentres que o titular do departamento autonómico, Román Rodríguez, acusou aos nacionalistas de "mentir" e de "perseguir o conflito".

Nunha pregunta parlamentaria, a representante do Bloque asegurou que o PP "denega información solicitada polas Anpas". Así, lamentou que mentres a Xunta di que "as incidencias son illadas", os centros "seguen reclamando máis docentes". Tras pór diferentes exemplos de centros educativos galegos que demandan máis profesorado, Fernández instou ao conselleiro a "deixar de manipular os datos" e a expor "que van facer para dar o que necesita alumnado e profesorado".

Ante esta intervención, o conselleiro dixo rearfirmarse na súa idea de que os nacionalistas "están nunha dinámica onde o que perseguen é o conflito" e xerar unha imaxe onde "canto peor mellor" para eles. "Seguen as directrices, dunha maneira admirable, que lles fixa a UPG", subliñou.

FP GALEGA

Doutra banda, o conselleiro de Educación respondeu a unha pregunta do Grupo Popular sobre a situación e as perspectivas da Formación Profesional en Galicia, na que reivindicou que falar de FP en Galicia é falar de "prestixio, confianza e utilidade". Así, puxo en valor que a empregabilidade alcanza un 86% en ciclos ordinarios e chega ao 100% na FP Dual, algo que, manifestou, "contrasta co que había no bipartito", cando había "un terzo da empregabilidade, un 32%, coa metade dos alumnos".

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, responde a unha pregunta na Cámara autonómica.. XUNTA
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, responde a unha pregunta na Cámara autonómica.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta