Denuncian a "situación insoportable" da N-120 e piden unha reunión co ministro de Transportes "dunha vez por todas"

Membris da plataforma pola mellora da N-120 din sentirse "alarmantemente esquecidos polos responsables políticos"

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 15/10/2025 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia

A plataforma pola mellora da N-120 remitiu senllas cartas ao delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e amparo á valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, para que poidan ser recibidos no Ministerio de Transportes e se execute "dunha vez por todas" o proxecto para mellorar esta vía.

No escrito, piden ao delegado unha "reunión urxente" para poder darlle trasladado, "de forma directa e detallada", da "gravísima situación" que se vive nesta estrada nacional ao seu paso por Ponteareas e os municipios limítrofes durante os últimos anos".

En paralelo, a entidade interpuxo unha queixa formal ante a valedora do Pobo, á que lle pide amparo para "a defensa dos intereses colectivos dos 17.000 usuarios diarios desta estrada", así como unha reunión para poder presentar os antecedentes dos feitos, as xestións realizadas ata o momento e os próximos pasos previstos.

Diso informou a entidade nun comunicado, no que destaca que mantén a súa actividade reivindicativa para conseguir o "gran obxectivo fundacional do colectivo", que pasa por que o Ministerio de Transportes que dirixe Óscar Puente execute este proxecto "totalmente paralizado e que consideran que "segue pondo en risco a via de miles de usuarios día tras días".

Despois de promover durante semanas manifestacións e cortes de tráfico na nacional 120, nos que participaron distintos clubs deportivos e colectivos de Ponteareas, indicou que intensifica a súa estratexia reivindicativa para dar continuidade ao traballo realizado.

Deste xeito, sinala que "co apoio de todas as forzas políticas con representación no pleno municipal" e de "cada vez máis veciños e colectivos, deron un paso máis co envío destas cartas.

Para o portavoz do colectivo, Luís Campos, a "situación é insoportable". "Sentimos tremendamente apoiados pola xente pero alarmantemente esquecidos polos responsables políticos, que son os que teñen que pór solución ao gravísimo problema de inseguridade desta vía".

A Plataforma pola mellora da N-120 pide unha reunión ao delegado do Goberno e amparo á valedora do Pobo. ANITA MUNOZ - OHQUEFOTO
A Plataforma pola mellora da N-120 pide unha reunión ao delegado do Goberno e amparo á valedora do Pobo. ANITA MUNOZ - OHQUEFOTO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta