O candidato a consenso

Creo que foron oportunas as declaracións do alcalde de Ferrol Jorge Juan Suárez Fernández cando sinalou que o candidato a presidente da Xunta de Galiza por En Marea debe ser unha decisión de consenso.

Por Lois Pérez Leira | Vigo | 04/07/2016

Comparte esta noticia

Agora o problema é saber quen determina o consenso. A reunión secreta de tres formacións que compoñen a alianza electoral? O consenso imposto desde Madrid a partir das organizacións representadas en Galicia? Ou o consenso debe ser parte do recoñecemento colectivo da figura de Xosé Manuel que logro a maior concentración de votos cando foi candidato do BNG e xero o gran revulsivo como candidato AGE. No imaxinario colectivo dos galegos Beiras segue sendo o candidato natural que expresa a defensa dos dereitos nacionais e sociais de Galiza. Desde a perspectiva política, desde a súa capacidade intelectual e a súa potencialidade electoral, non existe ningún candidato que sintetice nunha persoa, todos estes requisitos tan importantes, para poder ser unha autentica alternativa fronte á dereita.

Algúns trasnoitados queren poñer en dúbida esta capacidade de liderado, ata se animaron a propoñer outros candidatos. Son os mesmos que nestas pasadas eleccións axudaron a perder máis dun millón de votos.

Galicia necesita recrear un espazo de convergencia máis amplo, democrático e participativo. Onde a bases, a militancia constrúa desde abaixo poder popular, que garantan o triunfo popular. Ao parlamento galego deben chegar os mellores candidatos e candidatas. Homes e mulleres representativos, fogueados na loita polos intereses de Galicia e dos traballadores e traballadoras. Onde se valore tanto a nova militancia, como aqueles militantes que desde fai moitas décadas seguen construíndo país. Gustaríame ver no fututo Parlamento de Galiza a mulleres como Ana Pontón, Carmen Santos ou Teresa Moure. A militantes históricos como Camilo Nogueira, Manuel Mera, Paco Rodríguez ou Méndez Ferrín. Dirixentes como Carlos Aymerich, Francisco Jorquera, Xoán Bascuas, Juan Manuel Fajardo, Mariano Abalo ou Carlos Morais.

Todos eles representan as distintas sensibilidades da esquerda nacional, expresións plurales que poden garantir a conformación dun novo instrumento político capaz de sacar á dereita do poder.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.