Willis Towers Watson compra a Abanca o 49,9% de Willis Galicia Correduría de Seguros

Willis Towers Watson asumiu o control total da filial Willis Galicia Correduría de Seguros, despois de alcanzar un acordo con Abanca para adquirirlle o 49,9% do capital restante da filial, segundo informou a multinacional nun comunicado.

MADRID | 04/07/2016 | Actualizada ás 19:05 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Willis Towers Watson asumiu o control total da filial Willis Galicia Correduría de Seguros, despois de alcanzar un acordo con Abanca para adquirirlle o 49,9% do capital restante da filial, segundo informou a multinacional nun comunicado.

O presidente de Willis Towers Watson, Jaime Castellanos, subliñou o valor estratéxico do acordo, posto que constata a aposta polo mercado local". "O feito de ser unha multinacional global non pode facer esquecer o compromiso por ofrecer un servizo de calidade a nivel local ás rexións máis próximas", explicou.

Pola súa parte, o vicepresidente e conselleiro delegado de Willis Towers Watson, Antón Serrats, asegurou que esta operación demostra a "forte" aposta da compañía en Galicia. "A compañía está a fortalecer a súa proposta de valor para o tecido empresarial galego co único obxectivo de prestar un mellor servizo e chegar a un público obxectivo maior", reafirmou.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA