Temas: FASCISTA NAZI

Os fascistas atacan o Ateneo Libertario Xosé Tarrío da Coruña

Nas fiestras e muros do local había esvásticas nazis pintadas e vivas a Franco e España.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 05/07/2016 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

Aconteceu hai uns días, pero os membros do Ateneo Ateno Libertario Xosé Tarrío da Coruña non acaban aínda de entender o por que do ataque fascista que sufriu este centro a pasada fin de semana.

Pintadas no Ateneo Xosé Tarrío da Coruña
Pintadas no Ateneo Xosé Tarrío da Coruña | Fonte: EIG

A fachada do local apareceu cuberta de pintadas fascistas, o nome do Ateneo tachado, dúas esvásticas pintadas, vivas a Franco, a España e a Jose Antonio. Todo estaba pintado con spray vermello nos dous muros que dan a rúa.

Este espazo, que abriu as súas portas hai pouco máis dun ano coa intención de 'erixirse en ferramenta do movemento contestatario e rebelde dá cidade', organiza actividades culturais e de autoxestión durante todo o ano.

Tras o ataque, os integrantes do Ateneo xa iniciaron os labores de limpeza, que afectan a todas as paredes, portas e xanelas. A súa idea é volver pintar o local a semana que vén.

Temas: FASCISTA NAZI
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Bufffff

E a miña aboa, q.e.p.d., fuma. Os atentados de falsa bandeira están moi vistos e se diferencian ben dos auténticos porque adoitan xerar danos reversibles e de pouca entidade. Son moi típicos nos lambonciños da memoria histórica. Lembro cando pintaron un xugo con tres flechas nunha placa adicada a uns fusilados en Pereiró; cando tiraron uns penedos nun monumento a memoria histórica no cemiterio de S. Fco. de Ou; ou cando un secretario da fundación q leva a querella galega contra o franquismo ante a xuiza arxentina amiga de Garzón, tamén montou un circo de supostos ataques fascistas ao seu despacho, etc. Despois collerono roubando coches en Peinador e tamén foi acusado por unhas paridas q lles tocou as lolas nun hospital simulando ser médico. Non cola, rapaces.