A Xunta cre que o problema do mozo afogado en Ribeira é que o helicóptero chegou antes de tempo ao hospital

Feijóo di que os tempos de rescate se cumpriron pero o problema estivo na proximidade do areal co hospital, “que foi determinante para ese desaxuste”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/07/2016 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

Unha das razóns polas que errou o operativo de rescate do mozo  que faleceu afogado o pasado domingo na Praia do Vilar en Ribeira (A Coruña) foi que o helicóptero chegou moi rápido ao hospital do Barbanza pola proximidade do areal con este centro médico, o que motivou que o persoal sanitario non estivera preparado.

Helicóptero de urxencias sanitarias do SERGAS do 061
Helicóptero de urxencias sanitarias do SERGAS do 061

Así o explicou este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta ao ser preguntado por Galicia Confidencial. Así, o presidente galego suliñou que xa se abriu unha investigación interna que deixou dúas conclusións; a primeira foi que os tempos do rescate se cumpriron e a segunda, que a distancia entre a praia e o hospital era moi curta e iso, dixo, “foi determinante para ese desaxuste”.

Por iso, considerou “excepcional” ese erro de coordinación de salvamento, xa que o helicóptero chegou antes de que os sanitarios estiveran preparados a pe de pista. Esta situación motivou que o propio persoal do Pesca 1 que trasladaba ao mozo o tivera que coller por pernas e brazos para trasladalo, a pé e á carreira, ata o servizo de Urxencias.

En todo caso, Feijóo recoñeceu que a Xunta terá que revisar os protocolos de salvamento porque, dixo, “non ten sentido que non haxa persoal sanitario esperando a unha persoa enferma que se traslada nun helicóptero”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

6 Xente

Eu creo que si votas mas de quince minutos debaixo da auga nn hai ambulancia nin salvamar que che reanime, asi que nn se pode culpar ao hospital dunha persona que xa non tiña alento.

5 superxestorespepeiros

o 1, 3 e 4 sodes auténticos impresentables.

1 Judas

A saber como es ti na casa tanto falar de impresentables..... Necrofilo de alimañas

2 Plis

A min indignoume bastante o que leín tamén, a xente sempre ten algunha burrada que dicir cando pasa unha desgracia, e ainda que o rapaz arriscara que non o creo, eso pásalle a calquera e é unha desgracia, non so merecía como non so merece nadie, e hai xente que debería pensar un pouco, que pode haber algún coñecido lendo e non teñen por que ler esa falta de respeto, hai que ter un pouco de empatía, ogallá se poidera garantir que unha cousa así non volverá a pasar pero ninguén está libre porque estas cousas pasan cando menos to esperas e o único que non fai falta e soltar a burrada de turno para quedar conforme na casa como si foras máis listo que o resto. Educación e empatía.

4 Hipólito

Unha traxedia, pero están seguros de que non había ningún responsable de moscoso?

3 Idílico Xubilar

A precisión é unha virtude característica da raza galega. E, claro, en punto é en punto. Igual o piloto era de raza castellana ou murciana, ou pior, e por eso non está afeito ao pais. Nas probas de aptitude deberían esixir un exame de polbo á feira: si non está no punto, non choias. Faio cero!

2 Antonio C

A culpa é de quen fixo un hospital onde a helisuperficie está tan lonxe que é precisa unha ambulancia para trasladar os pacientes até urxencias. Que o Helicoptero non era do 061 senón de Salvamento Marítimo e até que se finaliza o rescate non se pode comunicar para que estean os medios á agarda no Hospital. Unha vez que se finalizou o rescate comunicouse pero estaban a un minuto do hospital e mentres se fixeron as comunicacións de urxencias o helicóptero xa estaba en terra. A ambulancia para levalo ata urxencias ten base en Ribeira... o resto xa o sabemos todos

1 Todos

Si nn sabes nadar nn te votes ao mar

2 JULIO BER

Agora que pretenden ampliar o hospital, deberían ter o helipuerto no tellado e un ascensor que chegue o mesmo. E así non faria falta esperar unha ambulancia. Cunha camilla, o medico e un equipo de reanimación, sería suficiente e moito mais rápido.