Angrois.- O PPdeG ábrese a que o Parlamento pida un informe "incontrovertido" sobre o accidente pero non unha comisión

O voceiro do Grupo Parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, mostrouse favorable a que o Parlamento de Galicia pida a elaboración dun informe "incontrovertido" sobre as causas do accidente ferroviario acontecido o 24 de xullo na curva da Grandeira, en Angrois, no que faleceron 80 persoas, pero insiste en que a Cámara autonómica non é o foro axeitado para unha comisión de investigación e rexeita inmiscirse no que ten que facer o Congreso.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2016 | Actualizada ás 14:52 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O voceiro do Grupo Parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, mostrouse favorable a que o Parlamento de Galicia pida a elaboración dun informe "incontrovertido" sobre as causas do accidente ferroviario acontecido o 24 de xullo na curva da Grandeira, en Angrois, no que faleceron 80 persoas, pero insiste en que a Cámara autonómica non é o foro axeitado para unha comisión de investigación e rexeita inmiscirse no que ten que facer o Congreso.

A preguntas dos medios de comunicación en rolda de prensa, e despois de que se coñecese o informe encargado pola Comisión Europea sobre a investigación realizada pola CIAF, e que concluíu que non houbera imparcialidade e faltaban por analizar "elementos clave"; Pedro Puy repetiu en varias ocasións que as vítimas "teñen dereito" a contar cun "informe incontrovertido".

Ademais, dixo que este sentir é o do grupo parlamentario co seu presidente á cabeza, Alberto Núñez Feijóo, e negou que haxa un cambio de postura no PPdeG. "Sempre falei que estabamos coa familias", remarcou, antes de aseverar que "o que si é novo" é o informe da Axencia Ferroviaria Europea e o que di dese informe sobre os resultados da CIAF -Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios-.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta