Os incendios forestais facilitan a entrada de especies arbóreas invasoras en Galicia

Un estudo da Universidade de Santiago corrobora a entrada de especies invasoras en ecosistemas forestais galegos nos que se producen incendios recorrentes.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 13/07/2016 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

A entrada de especies invasoras en ecosistemas forestais de Galicia nos que se producen incendios recorrentes é un feito demostrado. Así o conclúe un estudo científico no que se salienta que "o lume facilita a entrada de moitas destas especies".

Un brigadista loita contra o lume no Xurés
Un brigadista loita contra o lume no Xurés

'Regeneración post-fuego en relación con la severidad del incendio en un área atlántica de Galicia. Bases para la restauración' é un estudo que vén de ser publicado en Cuadernos de la Sociedad Española de Ciencias Forestales feito por investigadores da Área de Ecoloxía do Departamento de Bioloxía Celular e Ecoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, no Campus Vida, e do Departamento de Ciencias e Ingenierías Agrarias da Universidad de León, no campus de Ponferrada.

O estudo centrouse en determinar a relación entre a severidade do lume e o estado da vexetación postfogo, a entrada de especies invasoras arbóreas e a necesidade de aplicar medidas de restauración. Para iso tomouse como caso de estudo o monte Serres, unha área costeira da Coruña na que en marzo de 2014 se produciu un incendio de 18 hectáreas nunha masa de Pinus pinaster Aiton e Ulex europaeus L. Como explican os autores do estudo, previamente, só existían nas proximidades 14 individuos adultos de Acacia longifolia (Andr.) Willd que non foron afectados polo lume. Mediante a análise de datos de información xeográfica elaborouse un mapa de severidade do lume da área incendiada, diferenciándose dúas zonas: unha de baixa severidade e outra de alta severidade. Nesas dúas zonas establecéronse dez parcelas de 30m x 30m nas que se rexistraron: densidade de plántulas de P. pinaster e de A. longifolia, grao de afectación do chan e dos estratos de vexetación.

Os científicos detectaron unha relación entre a densidade de plántulas de piñeiro post-incendio e a cobertura de piñeiros preincendio, e unha relación entre a severidade e o tipo de vexetación resultante. A densidade de plántulas de acacia post-incendio foi media na zona de alta severidade e nula na de baixa severidade.

"Na área de piñeiral denso hai moitas plántulas de piñeiro xeradas e non se requiren labores de restauración, mentres que a expansión de plántulas de piñeiro desde o piñeiral denso a zonas limítrofes é reducida. A invasión de acacia no piñeiral denso foi moi abundante, polo que se discute a necesidade de tomar as medidas oportunas para favorecer ao piñeiral e controlar a expansión da acacia", cuxa entrada puido ser favorecida pola "elevada severidade do incendio en determinadas áreas", ao r"educir a intensidade da rexeneración da vexetación previa ao lume", conclúen os expertos.

O lume devorando a enseada do Ézaro ás 21:30h do venres-Foto-Manuel Casais
O lume devorando a enseada do Ézaro ás 21:30h do venres-Foto-Manuel Casais

-------------------------------------------------

García-Duro J. , Manso A. , Cruz O., Basanta M., Casal M., Reyes O. (2016). 'Regeneración post-fuego en relación con la severidad del incendio en un área atlántica de Galicia. Bases para la restauración'. Cuadernos de la Sociedad Española de Ciencias Forestales, 42: 129-140.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 toxo godofredo

son o toxo godofredo de 3metros e 21 centimetros... non hai lume que me tumbe.... vivo na alta limia e estou xa dentro da finca o xestal da parrocha - xinzo!- desaiuno papas de maicena, coa familia e decir co señor eudoxio e a señora clara (91) e (86) anos respectivamente... PEDIMOS UNHA AXUDA ECONOMICA A XUNTA PARA AS ESPECIAS AUTOCTONAS E REGO POR ASPERSIÓN POIS NO VERAN SINTOME UN POUCO DE SECARRAL

1 desaloghenme el rural ... ya

godofredo , non che podemos dar a axuda, pois os teus familiares, os señores euloxia e clara na ultima inspeccion do catrasto descubrimoslle un cabanote-pendello sen declarara feito de tablas de encofrar, e un metalico onde gardan as galiñas das cais venden algun ovo sen factura, por eso denegamoste a axuda peeero no canto enviamosche a sancion pola infraccion urbanistica, atentamente nos

2 Árdelle o eixo

Psoe e Mareas debecen porque un verán de incendios lle quite a victoria a Feijoo. É a única oportunidade que teñen.

1 olho ao invasor

Pois si. Na Galiza cada vez hai máis espécies invasoras, e nom so arvóreas.