Membros de Foro Galego participarán de "forma individual" en En Marea

Apostan por "primarias abertas, adscrición individual e censo dende cero" para "fuxir das dinámicas de grupo e colocar a unidade de acción como interese común". Insisten en organizar o espazo nacionalista logo das autonómicas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/07/2016 | Actualizada ás 16:15

Comparte esta noticia

Membros de Foro Galego participarán "maioritariamente" e de "forma individual" na asemblea promovida polos alcaldes de A Coruña (Xulio Ferreiro), Ferrol (Jorge Suárez) e Santiago (Martiño Noriega) no que se fixarán as primarias da candidatura de confluencia para as eleccións autonómicas deste outono e que, previsiblemente, será En Marea.

Participantes na II Asemblea do Foro Galego
Participantes na II Asemblea do Foro Galego | Fonte: EP

Así o explicou este sábado en declaracións a Europa Press o alcalde de Vimianzo (A Coruña), Manuel Antelo, durante a II xornada aberta de Foro Galego celebrada en Santiago, onde os participantes, analizaron a forma de confluír nun espazo "o suficientemente representativo" para conseguir o apoio "da maioría social" galega e "cambiar as políticas nefastas para Galicia do PP".

No encontro, no que se puido ver o exdeputado do BNG Carlos Aymerich, ao dirixente de Anova Antón Sánchez, á militante do Bloque Alba Nogueira ou ao membro de Cerna Mario López Rico, Antelo valorou a iniciativa dos alcaldes para "agrandar a base social e electoral" dunha marca -- --En Marea -- que, na súa opinión, "ten un éxito electoral claro" e na que entende que os nacionalistas poden "levar a cabo unha práctica política" e "defender as políticas necesarias para resolver os problemas do país".

E é que, segundo indicou, o "obxectivo principal" nestes momentos é "contribuír a derrotar ao Partido Popular" e "conformar un goberno para a maioría social en torno á base da marea". "Ese obxectivo pasa por apoiar, estar aí e formar parte da marea", indicou.

Con todo, explicou que como formar parte da confluencia é unha cuestión que "se está a perfilar" para volver poñer en valor a proposta feita polos alcaldes do 'cambio' de celebrar unha asemblea cun censo "novo" e na que a xente participe de forma "individual". "Entendemos que debemos participar os nacionalistas individualmente e defendendo as cousas que hai que defender", apuntou.

Precisamente, como puntos "fundamentais" de cara a esa asemblea, a maioría das persoas presentes destacaron a necesidade de que a metodoloxía sexa a de "primarias abertas, adscrición individual e censo dende cero" para "fuxir das dinámicas de grupo e colocar a unidade de acción como interese común, tal e como sinalou Foro Galego nunha nota de prensa ao termo da reunión.

ARTICULAR UN ESPAZO NACIONAL GALEGO

Na súa intervención, o rexedor de Vimianzo explicou que os relatores tamén falaron de "como facer despois das eleccións galegas" e "articular un espazo nacional galego", "un espazo no que o nacionalismo tenda a organizarse mellor e a seguir influíndo" na dirección do país.

Non obstante, precisou que esta cuestión se irá "definindo progresivamente" dado que, na súa opinión, agora é necesario centrarse "en falar do que importa á sociedade". "Non pode ser que queiramos apoiar un proxecto para a sociedade e nos centremos en falar de nós mesmos, iso entendo que non é moi coherente", considerou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

2 Antiordenadores do AGE

52 homes por dez reás

1 Comunista

Cada día que pasa, o pouco que queda xa do BnG, morre un pouquiño máis. E o máis traxicómico de todo, é que a NINGUÉN lle importa, excepto á LVG, Blanco-Valdés e Caneiro.

1 Galiza nacionalista

xa estan aqui facendo a troula os porquiños de izquierda la unitaria de -Vieiras, enterense que o nacionalismo galego vencera, que Galiza sera indepedente e cos traidores podreiros seran destruidos como praga dañina que son... este 25 de xullo saide por pernas de santiAGE de compoñendas imos facer limpeza de traidores e de expañolentos! SI TIE ES COMUNISTA EU SON OBISPO DE MONDOÑEDO (comunista e o escribano tone do vello que agora vive de deputado de podreiros en mandriles, e que fai folgas de fame por refuxiados sirios comendo mariscos e papando wisquis!!!!) STOP PODREIROS!

2 Antolín o dos cubatas

Dá igual. O bloque paga por insulto. Hai una tarifa de represaliados de presos que fixo Antolín o dos cubatas en comandiña con Merita e outros.