Inician unha campaña en Internet para rescatar o hospital de Vigo de mans privadas

A AGDSP agarda acadar a través da web os 4.100 euros que lle quedan para poder iniciar o proceso xudicial contra a Xunta.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 22/07/2016 | Actualizada ás 09:20

Comparte esta noticia

4.100 euros. Iso é o que reclama a AGDSP  (Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública) para tramitar a denuncia contra a privatización do novo hospital de Vigo  mediante un contrato de concesión de obra pública tipo PFI (Iniciativa de Financiación Privada) levada a cabo polo goberno do PP da Xunta de Galicia.

O novo hospital de Vigo
O novo hospital de Vigo | Fonte: construcion21.org

A AGDSP denunciou á Xunta pola vulneración da legalidade estatal e comunitaria no caso da privatización do Novo Hospital de Vigo. E a denuncia foi admitida a trámite pola Comisión Europea. Por iso, esta ntidade debe afrontar os gastos de representación xurídica por un importe de 6.300 €, dos que faltan por abonar 4.100 €.

Esta petición está deseñada, segundo a entidade, “para aplacar e paliar os dereitos secuestrados e usurpados pola administración pública da Xunta de Galicia”. Por iso, diríxense á cidadanía, movementos sociais ou grupos políticos co obxectivo de “recuperar o pilar básico de calquer estado democrático e de dereito” e “rescatar e democratizar a sanidade, a través da complicidade e a concienciación de toda a cidadanía e as diferentes capas sociais, contribuindo cun aporte económico na medida das súas posibilidades”.
Os interesados en apoiar esta campaña poden facelo na plataforma de goteo.org

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Rodrigo

En Vigo en las últimas elecciones ganó el PP y además hubo un 28,49% de abstención, según estos resultados todo hace pensar que la mayoría de los que votan/abstienen en Vigo están a favor de que continúen las políticas del PP, así que no es muy coherente pedir ahora un crowfunding,¿no?

2 Oscar Castro

1 Hermerico

Ao, ao, ao, ao, ao, Jorge analfabe to

1 Merce

¿ Porque llamas analfabeto asi porque asi a nadie ? en las redes sociales hay mucho listo que se esconde en el anonimato para insultar, que valientes. Estoy de acuerdo votan al PP otros se abtienen y despues estan pidiendo auxilios para todas las barrabasadas que hace el PP . ¿ No quisieron cambios y ahora eses que votaron PP que aguanten su vela ,lo malo que pagamos justos por pecadores.