SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/07/2016 | Actualizada ás 19:18 por EUROPA PRESS
Un home foi rescatado este sábado tras caer por un desnivel cando practicaba barranquismo no lugar de Fontemourente, en Chacín, no concello coruñés de Mazaricos.
Segundo informou o CAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar minutos antes das 15,00 horas, cando o ferido se precipitou polo barranco e perdeu a consciencia e, aínda que se foi recuperando pouco a pouco, necesitaba axuda médica urxente.
O home caeu nunha zona de difícil acceso e foi necesaria a intervención dos membros do GES de Muros, dos Bombeiros de Santa Camba e dos voluntarios de Protección Civil.
Unha vez rescatado, foi trasladado por un helicóptero do servizo de Urxencias Médicas 061 a un centro hospitalario.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.