Pontón apela a "unha alternativa nacionalista" forte e lanza a precampaña para pedir o voto ao BNG no Día da Patria

A habitual manifestación que convoca o BNG polo Día da Patria arrancou da Alameda compostelana pasado un cuarto de hora do mediodía deste luns cunha apelación a buscar unha "alternativa nacionalista" forte, pronunciada pola voceira nacional e candidata da formación nacionalista á Presidencia da Xunta, Ana Pontón.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/07/2016 | Actualizada ás 12:55 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A habitual manifestación que convoca o BNG polo Día da Patria arrancou da Alameda compostelana pasado un cuarto de hora do mediodía deste luns cunha apelación a buscar unha "alternativa nacionalista" forte, pronunciada pola voceira nacional e candidata da formación nacionalista á Presidencia da Xunta, Ana Pontón.

"Hai que encher as urnas de voto ao BNG para botar a Feijóo", manifestou Ana Pontón, en declaracións previas ao inicio da mobilización que, como é habitual, remata na Praza da Quintana coas intervencións políticas, incluída a da propia voceira nacional.

Así mesmo, a candidata á Presidencia da Xunta proclamou que "non vale" un "corta e pega" de propostas chegadas da "Complutense que non teñen que ver co noso país". Ana Pontón tamén subliñou que nesta mobilización están e foron chamados todos aqueles que defenden "a lingua, a cultura e que traballan para que Galicia poida saír adiante".

O BNG chega a esta manifestación tras aprobar as súas candidaturas para as eleccións galegas deste outono, a primeira formación representativa de Galicia que conta con todos os seus candidatos xa designados, de entre os cales algúns encabezaron a pancarta da marcha polas rúas compostelanas como membros da Executiva nacional xunto a Ana Pontón.

Faino tamén en pleno proceso de refundación e con voces internas que apostan por unha reconfiguración do nacionalismo de maior calado que a liña oficial aprobada na XV Asemblea Nacional do pasado mes de febreiro, como así fixeron reflectir no coñecido como 'manifesto de Vidán' que asinaron dúas deputadas autonómicas, Tereixa Paz e Carme Adán, que deron a batalla interna na asemblea, e o propio exvoceiro nacional, Xavier Vence.

Precisamente, as dúas deputadas deixáronse ver na parte máis dianteira da manifestación, mentres que o que foi voceiro nacional ata a asemblea de febreiro mantívose nun discreto lugar, lonxe dos focos dos xornalistas. Entre as caras coñecidas do nacionalismo galego tamén estiveron a voceiro do BNG en Bruxelas, Ana Miranda; o voceiro do BNG no Parlamento, Francisco Jorquera, e o o exlíder da formación Guillerme Vázquez.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta