Bascuas di que “o galeguismo está só en Compromiso e en ningún lugar máis”

O candidato de Compromiso por Galicia á presidencia da Xunta, Xoán Bascuas, reivindicou este luns, na celebración do Día Nacional de Galicia, o papel de "forza propia e sen dependencias" da formación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/07/2016 | Actualizada ás 17:58

Comparte esta noticia

O candidato de Compromiso por Galicia á presidencia da Xunta, Xoán Bascuas, reivindicou este luns, na celebración do Día Nacional de Galicia, o papel de "forza propia e sen dependencias" da formación, ao tempo que asegurou que "o galeguismo está só en Compromiso e en ningún lugar máis".

Xoán Bascuas, no acto de Compromiso por Galicia do 25 de xullo
Xoán Bascuas, no acto de Compromiso por Galicia do 25 de xullo | Fonte: CxG.

Nun acto no parque Eugenio Granell de Santiago, Bascuas adiantou que un dos obxectivos da formación de cara ás próximas eleccións autonómicas será "desenmascarar" o Partido Popular, por "ocupar o galeguismo en fraude de lei".

En contraposición, Xoán Bascuas reivindicou este espazo para Compromiso pola necesidade dunha "forza propia". "Somos os depositarios da autoestima do pobo galego e temos que asumilo con corazón", resumiu.

A intervención do tamén secretario xeral foi precedida das palabras dos candidatos por Lugo, Juan Carlos Piñeiro, Ourense, Xosé Mosquera, e Andrés Núñez, por Pontevedra. Todos coincidiron na "necesidade" e na "convicción" de que Compromiso por Galicia "obterá representación" no Parlamento de Galicia.

O voceiro do PNV no Parlamento, Aitor Esteban, tamén estivo presente nesta xornada para trasladar a "relación especial" entre ambas as dúas formacións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

6 Casimiro

Parabéns Bascuas. Agora a traballar e a rascarlle votos ao PP. Por certo, rapaz traballador o candidato de Lugo.

5 ceibes

Mimaa!!, Cánto galeguismo estou a ver!!, O PP reclamando para si ese papel. O Miguel Tejado presentándose coma un "galeguista", cordial e reintegrador ( por suposto na España ). Ben e o “non vai máis!!”….tremede que vai !!…. Nostrus é galeguista tamén!!! ( ollo!!, non estou a brincar está escrito abaixo nos comentarios ).

4 Ezequiel

Arriba España!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

3 Raimundo

Galleguistas? Estos son unos farsantes y tienen la jeta de invitar al secesionista PNV, que es el partido político más clasista y a lo suyo que hai. Que desaparezca ya esta teatrada del señor Bascuas y el hijo de Cuiña ya. No sé como le dais cobertura a esta secta.

1 Uio

Y encima especialmente racistas con los gallegos, empezando por el fundador del PNV, un tal Sabino Arana, que se hartó de insultarnos.

2 Juardo

Por certo, o cacique Cuiña, xa non está en CXG?. Non me estrañaría nada porque non hai quen o aguante á parte dos seus empregados menos cualificados.