Bascuas di que “o galeguismo está só en Compromiso e en ningún lugar máis”

O candidato de Compromiso por Galicia á presidencia da Xunta, Xoán Bascuas, reivindicou este luns, na celebración do Día Nacional de Galicia, o papel de "forza propia e sen dependencias" da formación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/07/2016 | Actualizada ás 17:58

Comparte esta noticia

O candidato de Compromiso por Galicia á presidencia da Xunta, Xoán Bascuas, reivindicou este luns, na celebración do Día Nacional de Galicia, o papel de "forza propia e sen dependencias" da formación, ao tempo que asegurou que "o galeguismo está só en Compromiso e en ningún lugar máis".

Xoán Bascuas, no acto de Compromiso por Galicia do 25 de xullo
Xoán Bascuas, no acto de Compromiso por Galicia do 25 de xullo | Fonte: CxG.

Nun acto no parque Eugenio Granell de Santiago, Bascuas adiantou que un dos obxectivos da formación de cara ás próximas eleccións autonómicas será "desenmascarar" o Partido Popular, por "ocupar o galeguismo en fraude de lei".

En contraposición, Xoán Bascuas reivindicou este espazo para Compromiso pola necesidade dunha "forza propia". "Somos os depositarios da autoestima do pobo galego e temos que asumilo con corazón", resumiu.

A intervención do tamén secretario xeral foi precedida das palabras dos candidatos por Lugo, Juan Carlos Piñeiro, Ourense, Xosé Mosquera, e Andrés Núñez, por Pontevedra. Todos coincidiron na "necesidade" e na "convicción" de que Compromiso por Galicia "obterá representación" no Parlamento de Galicia.

O voceiro do PNV no Parlamento, Aitor Esteban, tamén estivo presente nesta xornada para trasladar a "relación especial" entre ambas as dúas formacións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

1 Pobriño

O galeguismo está en absolutamente todas as forzas politicas galegas, que se definen como galeguistas. PP e PSOE tamén. Quen está só é o pobre Bascuas.

1 Luso

E Putin e Obama também som galeguistas!

2 e a Merkel e o Hollande

son bastante máis galeguistas do que moitos

3 nostrus

¿Que quere dicir ser galeguista?. Si ser galeguista quere dicir ter unha intoxicacion etilica, ser supremacista e despreciar ao resto de compatriotas enton eu non son galeguista. Pero si ser galeguista é querer o mellor para os galegos e sen despreciar a ningun dos meus compatriotas, enton si son galeguista

4 zipaio

Ser galeguista quere decir. taparse a naris, cando cheiras que preto de ti hai zipaios.