Santos reivindican o traballo das forzas da esquerda nacionalista e proclama: "A patria de Podemos é a xente"

A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, reivindicou, con motivo da celebración do 25 de xullo, o traballo realizado polas forzas da esquerda nacionalista dende principios do século pasado e proclamou que "a patria de Podemos é a xente".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/07/2016 | Actualizada ás 19:25 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, reivindicou, con motivo da celebración do 25 de xullo, o traballo realizado polas forzas da esquerda nacionalista dende principios do século pasado e proclamou que "a patria de Podemos é a xente".

A dirixente galega da formación morada pasou o día na súa parroquia natal de Queiruga, en Porto do Son, rodeada da súa familia, amigos e compañeiros dos círculos de Podemos da bisbarra do Barbanza.

"Podemos non só admira e recoñece o traballo desta xente (as forzas da esquerda nacionalista, que moitas veces traballaron no exilio e na clandestinidade), senón que apoia a celebración deste día e tamén consideramos que debemos seguir celebrando con ese valor simbólico que ten máis que nunca en 2016", remarcou.

No seu manifesto polo "Día Nacional de Galicia", tamén quixo subliñar a "aposta de Podemos polo estado plurinacional". "Nós cremos na creación dun estado plurinacional, pero nun estado que pon o centro das súas políticas non soamente na defensa do territorio, senón na defensa da xente que vive nel, porque consideramos que ten que construirse un estado xusto, igualitario e equitativo", incidiu.

"A nosa patria son os mariñeiros, os gandeiros, é o persoal da sanidade, o persoal do ensino e a xente que traballa nas pequenas empresas, son os autónomos, os empregados do fogar, a xente que non traballa, e a que quere traballar", proclamou Santos.

A líder da formación morada en Galicia manifestou que quere que "todo o mundo poida ser partícipe dun día tan importante" para Galicia "e máis neste ano 2016, que vai ser outra vez clave na historia de Galicia cun novo cambio político e unha revolución democrática que se vén dende 2014". "A Nosa patria é a xente", proclamou.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta