Documento.- Críticas a Beiras pola presenza de Lidia Senra na súa lista

GC ven de recibir un correo confidencial dunha persoa que asina cun "unha aperta irmandiña" e que critica a presencia de Lidia Senra na lista do Encontro Irmandiño. Aporta documentación na que relaciona a esta sindicalista cun despedimento nulo ...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 08/05/2009 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

Non debemos esquecer que Rajoy ven de botar fora da lista das europeas a Galeote. E Zapatero ven de facer o mesmo coa ex-alcaldesa de Elche. Pois ben, Beiras debe facer o propio con Lidia Senra no que atinxe á súa lista ó Consello Nacional.

Evidentemente Beiras é ceibe de facer que lle pete (coma decote fia). Mais tamén debe ser consciente de que a presenza de lidia Senra contaminará perante moito tempo a Beiras e aos seus...

Neste inte Beiras fica emprazado cun imperativo moral. Ou pide a dimisión de Lidia Senra ou ampara e dá carta de natureza aos seus comportamentos, converténdose, pois que logo, en cómplice ou alomenos en encubridor dos mesmos.

Unha aperta irmandiña". Podes ver todo o documento e os informes da Inspección de Traballo abaixo.

Nos últimos días foron varios os dirixentes do SLG militantes da UPG que amosaron o seu rexeitamento a un posible pacto co Encontro Irmandiño se mantén a Lidia Senra na súa lista e, especialmente, se a presenta para a Executiva. Sen embargo, a dirección deste partido xa deixou claro que un pacto non se rompe por persoas xa que un dos argumentos utilizados nas negociacións co Encontro Irmandiño foi, precisamente, que non haxa vetos a "ninguén".

denuncia-slg.pdf

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 74 comentarios

9 ernesto

Na última parte do comentario quero rectificar que non me refiro a executiva do BNG en ningún caso, senón a executiva do SLG a verdadeira responsabel dos diversos despedimentos e envio dos burofaxes

8 ernesto

Si realmente o que estamos a leer nestes textos é certo, dende logo eu penso que haberá que tomar medidas con esta persoa.LIDIA COMO ERES CAPAZ DE DESPEDIR A UNHA PERSOA POR ESTAR CASADO CUN AVOGADO DA CIG, pero por favor en que país vivimos, dende logo un pouco de seriedade, lidia debes abandonar o SLG dunha vez por todas, endexamáis vin un burofax desta categoría, como se pode asignar un escrito así, que clase de femenismo defendes tí, non é lóxico que un sindicato envie un burofax desta magnitude. E dende logo que tan responsabel como Lidia, é Carmencita la Fantástica(Carmen Freire), o igual que o resto desta executiva, que por moito que falen agora da pluralidade, Lidia Senra foi a grande culpabel de que no SLG non houbese unha executiva na cal se integraran as dúas listas. Na primeira dirección nacional desta última étapa do SLG, presentaronse dúas candidaturas a secretaría xeral, unha de Carmencita e outra liderada por Xurxo ALvarez, saindo vencedora a primeira. Cando houbo que elexir a executiva somentes entraron as persoas que apoiaron a Carmen Freire, a candidatura de Xurxo Alvarez pertenecianlle 4 e non se permitiu a entrada de ningún deles. As palabras que pronunciou Lidia Senra ese dia son abondo ilustrativas A DIRECCIÓN DESTE SINDICATO É COMO UN PARLAMENTO, dando a entender que había goberno e oposición, e agora Lidia quere dirixir o BNG, esto parece unha fantasía.
Non nos olvidemos que na candidatura do Encontro Irmandiño, ademáis de Lidia, están outros membros da executiva monocolor do BNG que foi responsabel igualmente destes feitos que se denuncian eiquí, como Lolo Docampo, Isabel Villalba, Ana de Chantada, Charo Sánchez Parga e non sei se me queda algún ainda

7 jacinto

Por fin alguen fala claro sobre Lidia Senra, como é que esta muller cambiou a secretaría xeral pola secretaria de finanzas. Lidia acabaches co SLG e agoras queres rematar co BNG, Lidia vaite para a casa.
Dende logo eu endexamais renunciei de Beiras, pero si teño claro que o Beiras que leva a Lidia Senra na súa candidatura, non é o Beiras que eu coñecín.

6 rasketa

Hai moito ser resentido e inepto ,que non fai mais que dar a vara e que estará dando a vara toda a vida querendo esnaquizar a esta muller por o feito de perder unhas eleccións...¿Por qué non dades a cara e contades quenes sodes?Sodes unha camarilla de resentidos que non vos chegou con roubarlle o nome e as siglas do slg,facerlle todo tipo de falcatruadas totalmente ilegais ,que agora aínda seguides dando e dando a vara.
Tería que daros vergoña allea,mirade para as vosas vidas,para os vosos actos persoais de dobre moral,non sodes mais que persoas moi moi ciumentas ,por non ter acadado o poder no slg nun momento determinado.¿Non montachedes outro chiringuito xa?Pois ala agora,a traballalo.

5 Aymerich

Olaia e non contas a todos os que defenestrou a UPG?. non contas aos que non lles deu nin auga?.Non contas a cantas marxinou?. Por non falar do lamentabl espéctaculo de Manolo Vazquez como empresario e os miles emiles de euros que ecibiu.Ou porque non falas das empresas de certos persoeiros da UPG (os novos empresarios patrios) que agora trán que cerrar pola crise........pola crise de non estar no poder que era do que vivían.
Lidia fíxolles fronte e por iso a queren machacar. Mira ti muller...que cousas.