Documento.- Críticas a Beiras pola presenza de Lidia Senra na súa lista

GC ven de recibir un correo confidencial dunha persoa que asina cun "unha aperta irmandiña" e que critica a presencia de Lidia Senra na lista do Encontro Irmandiño. Aporta documentación na que relaciona a esta sindicalista cun despedimento nulo ...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 08/05/2009 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

Non debemos esquecer que Rajoy ven de botar fora da lista das europeas a Galeote. E Zapatero ven de facer o mesmo coa ex-alcaldesa de Elche. Pois ben, Beiras debe facer o propio con Lidia Senra no que atinxe á súa lista ó Consello Nacional.

Evidentemente Beiras é ceibe de facer que lle pete (coma decote fia). Mais tamén debe ser consciente de que a presenza de lidia Senra contaminará perante moito tempo a Beiras e aos seus...

Neste inte Beiras fica emprazado cun imperativo moral. Ou pide a dimisión de Lidia Senra ou ampara e dá carta de natureza aos seus comportamentos, converténdose, pois que logo, en cómplice ou alomenos en encubridor dos mesmos.

Unha aperta irmandiña". Podes ver todo o documento e os informes da Inspección de Traballo abaixo.

Nos últimos días foron varios os dirixentes do SLG militantes da UPG que amosaron o seu rexeitamento a un posible pacto co Encontro Irmandiño se mantén a Lidia Senra na súa lista e, especialmente, se a presenta para a Executiva. Sen embargo, a dirección deste partido xa deixou claro que un pacto non se rompe por persoas xa que un dos argumentos utilizados nas negociacións co Encontro Irmandiño foi, precisamente, que non haxa vetos a "ninguén".

denuncia-slg.pdf

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 74 comentarios

4 máia bng do de antes

Queremos que volva Lidia Senra e Beiras, a esencia do BNG que acadou as máis altas cotas de representatividade con tódolos medios de comunicación en contra

3 olaia

parece que do que se fala é de sentencias xudiciais que dan a razón aos traballadores/as e de actas de inspección de traballo, polas que se condena ao SLG e se lle impón multas por infraccións laborais. Esto non son conxeturas.... Realmente unha persoa que é a responsable de todo isto, non debería estar, nin permitirlle que estivera, en ningunha organización política.... o que fai esta muller é vergoñento...

2 mancuso

Vaia coa "aperta irmandiña" non ser´unha soga?. Estes da UPG sonche moi listos. Quixeron romper o SLG porque perderon e gora claro teñen fodido montar outro xa que perderon o poder. Por certo Suárz Canal non era o que se ía a dar clases xa fai catro anos?. Hainos que teñen unha jeta de cemento....

1 manolo lopez diaz

Todos estes que presentaron denuncias con o SLG e contra Lidia Senra son os que perderon no Congreso e querían montar outro sindicato en connivencia coa Consellería de Medio Rural, é decir de acordo con Alfredo Suarez Canal e o seu inepto xefe de gabinete Puga