Documento.- Críticas a Beiras pola presenza de Lidia Senra na súa lista

GC ven de recibir un correo confidencial dunha persoa que asina cun "unha aperta irmandiña" e que critica a presencia de Lidia Senra na lista do Encontro Irmandiño. Aporta documentación na que relaciona a esta sindicalista cun despedimento nulo ...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 08/05/2009 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

Non debemos esquecer que Rajoy ven de botar fora da lista das europeas a Galeote. E Zapatero ven de facer o mesmo coa ex-alcaldesa de Elche. Pois ben, Beiras debe facer o propio con Lidia Senra no que atinxe á súa lista ó Consello Nacional.

Evidentemente Beiras é ceibe de facer que lle pete (coma decote fia). Mais tamén debe ser consciente de que a presenza de lidia Senra contaminará perante moito tempo a Beiras e aos seus...

Neste inte Beiras fica emprazado cun imperativo moral. Ou pide a dimisión de Lidia Senra ou ampara e dá carta de natureza aos seus comportamentos, converténdose, pois que logo, en cómplice ou alomenos en encubridor dos mesmos.

Unha aperta irmandiña". Podes ver todo o documento e os informes da Inspección de Traballo abaixo.

Nos últimos días foron varios os dirixentes do SLG militantes da UPG que amosaron o seu rexeitamento a un posible pacto co Encontro Irmandiño se mantén a Lidia Senra na súa lista e, especialmente, se a presenta para a Executiva. Sen embargo, a dirección deste partido xa deixou claro que un pacto non se rompe por persoas xa que un dos argumentos utilizados nas negociacións co Encontro Irmandiño foi, precisamente, que non haxa vetos a "ninguén".

denuncia-slg.pdf

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 74 comentarios

69 jatuch@

Toda esta trifulca ven de moi atrás ,eu estou con Lidia porque paréceme unha muller moi íntegra e moi boa política.Todo o demáis é resentimento dunha xente tola e resentida ao máximo,se queredes podedes poñer no buscador deste galicia confidencial slg,e teredes información do pasado e os porqués de toda esta tolemia.Hai xente moi corrupta e retorcida na upg que non pode aturar perder o poder que tanto quixeron acadar e me cheiro que así van a estar toda a vida.
Estou con Lidia,tes o meu apoio ,e estando como estou fora de calqueira organización política ou sindical,non me equivoco se digo que os responsables de todo isto son :Xosé Manuel Gonzalez Vilas,Xosé Elías Somoza Regueiro,Roberto Rivas Reboredo,Manuel Dacal Vazquez,e por suposto ,o famoso "moro",Xurxo Alvarez,que aínda que algunha vez na prensa dixo que xa non leía "Fouce"por que non lle interesaban os seus contidos,aliouse cos que nomeo para ROUBAR as siglas do slg e máis do periodico.
Todos estes persoaxes son xente sen escrúpulos ningún.Deixade xa o tema e traballade polo novo chiringo que montachedes,Lidia é unha muller política dos pes á cabeza e todos vos uns feirantes,que non facedes máis que engordar o papel couché como é iste diario cos vosos fracasos políticos e o voso odio a todo o que non sexa upg.
¿Por qué non levades os debates que vos preocupan ás mesas das reunións onde se deban tratar?Dixen esos nomes co convencimento que que seguro que esquezo algún máis.Deixade xa de botar escuma pola boca que ben que se vos ve o plumeiro....

68 eramos poucos

Xa que este é un sitio de moita merda: A CIG tamén ten denuncias de traballadores e sentencias favorables a eses traballadores. Pídolle a algún avogado da CIG que nos mande as sentencias e as denuncias e despois facemos un apartadiño para votar quen é máis malo: se Seixo ou Senra.

67 vasques

É a vez número 500 que cuspides os mesmos argumentos. Realmente Ester de Lugo se os teus méritos políticos son andar nestas historias é bastante triste, é verdade que outros non tés, o Elías de Sarria (que xa fixo un papelón co tema de Sabela Caldas) é enfermizo (ten coidado porque o teu non é san), e o camarada Dacal (O seu papel tamén é digno de estudo: se había unha medida con problemas de Medio Rural en vez de tratar de mellorala enchía peito e para adiante, que xa a tragarían o SLG e os labregos deste país. Así foi, pero el, claro, é o home leal). Algún día alguén dirá o que tería pasado se esta relación se basease no respecto e no obxectivo de buscar solucións boas para o agro, e non no control e na imposición por parte da U. Flaco favor lle facedes a ningún partido e a Galiza. Ai perdón, se sodes o máximo expoñente da lealdade... E se non estiveses íntrigando e creando enfrontamentos, a ver que ides facer. Do delegado que máis insultou e atacou á xente da base do BNG, xa non vou falar. De autocrítica nada, nada de nada... Xa che contarán cando vaias ás asembleas por aí adiante o que lle gustaba á xente as túas palabras. Talvez escoites agora o que non che deixaban oír os cristais do coche oficial. Outros fixeron grandes amigos nos adegueiros e almacenístas que lles fixeron cambiar posturas que tiveran dende sempre cara aos labregos, supoño que seguirán tendo a verdade absoluta. En fin,o mundo segue andando e o tempo pon a cada quen no seu sitio.

66 ramon

Esquécesevos dicir que a avogada en cuestión estaba casada con un avogado da CIG que levaba casos contra o SLG. Que mala xente, non lles deixou ao tandem matrimonial ser acusación e defensa. Non dicides que algúns traballadores do SLG estaban sistematicamente a facer oposición e boicotear o traballo, baixo o mandato dos xefes da UPG, ou que o chiringuito ese de Meira que poñedes foi constituído fai anos polo señor Ledo Pan, membro da Permanente do SLG naquel momento e actual membro da lista da UPG; para que unha persoa técnica traballase nunha Asociación de Xestión Económica para os afiliados da zona e tamén para que a xente do SLG tivese máis presencia na comarca, non foi precisamente Lidia Senra. Aínda que me consta que isto sabédelo de sobra e o conto é botar merda pola boca. O peor é que tamén sabedes que único a que vos dedicades é a crear intrigas e algúns non traedes para o BNG nin os votos da vosa casa. Ademais sodes malas persoas e na puta vida lle chegaredes a sola do zapato a unha muller coma Lidia Senra.

65 campina

cheguei algo tarde, pero estou pasmada e non me resisto, aínda que sexa a primeira e a última vez. Os/As que escribides aquí sodes do BNG e da CIG? Eu supoño que sí. E esto que é? Somos tantos e tantas neste país que hai que dedicarse a linchar a todo o mundo? Quen sae gañando con toda esta merda? E tan sinxelo montar un sindicato agrario nacionalista como para dedicarse con tanto empeño a desmontalo? Xa está ben. O domingo gañaron uns no BNG e gañaron outros no SLG fai ano e pico.Pois xa está. Ou estamos todos e todas mal da cabeza? Imonos dedicar só a desfacer? Como militante do BNG e afiliada do SLG, penso que xa está ben de toda esta merda.