Documento.- Críticas a Beiras pola presenza de Lidia Senra na súa lista

GC ven de recibir un correo confidencial dunha persoa que asina cun "unha aperta irmandiña" e que critica a presencia de Lidia Senra na lista do Encontro Irmandiño. Aporta documentación na que relaciona a esta sindicalista cun despedimento nulo ...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 08/05/2009 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

Non debemos esquecer que Rajoy ven de botar fora da lista das europeas a Galeote. E Zapatero ven de facer o mesmo coa ex-alcaldesa de Elche. Pois ben, Beiras debe facer o propio con Lidia Senra no que atinxe á súa lista ó Consello Nacional.

Evidentemente Beiras é ceibe de facer que lle pete (coma decote fia). Mais tamén debe ser consciente de que a presenza de lidia Senra contaminará perante moito tempo a Beiras e aos seus...

Neste inte Beiras fica emprazado cun imperativo moral. Ou pide a dimisión de Lidia Senra ou ampara e dá carta de natureza aos seus comportamentos, converténdose, pois que logo, en cómplice ou alomenos en encubridor dos mesmos.

Unha aperta irmandiña". Podes ver todo o documento e os informes da Inspección de Traballo abaixo.

Nos últimos días foron varios os dirixentes do SLG militantes da UPG que amosaron o seu rexeitamento a un posible pacto co Encontro Irmandiño se mantén a Lidia Senra na súa lista e, especialmente, se a presenta para a Executiva. Sen embargo, a dirección deste partido xa deixou claro que un pacto non se rompe por persoas xa que un dos argumentos utilizados nas negociacións co Encontro Irmandiño foi, precisamente, que non haxa vetos a "ninguén".

denuncia-slg.pdf

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 74 comentarios

64 echanove

para que te fies de los agricultores...

63 UPJA

Vaivos ser moi difícil estraga-lo nome de Lidia Senra e de Beiras, históricos loitadores polo país e polo BNG; xente que traballaba sen apenas medios e cartos, xente que creou e mimou ó BNG acabado de nacer.
En tódalas empresas cocen habas. Por que este linchamento contra Lidia? Non será porque vai nunha lista? Beiras é Lidia xa forman parte da nosa historia: Aymerich e Paco (como o ditador) serán os sepultureiros do BNG neocón

62 Portuguesa

Non só debia plantexarse o levar a Lidia na Candidatura , sinon algún ex-sindicalista mais que en próximas datas vai rematar no xulgado por acoso aos traballadores/as.atentos a prensa Pero si esto é o que nos espera con Beiras mellor apaga e vamonos , xa que na súa candidatura van os mais dereitosos deste Pais. Pepeiros dos pes a cabeza ,do SLG e da CIG , todos eles resentidos polo que non poideron acadar co Governo do BNG. Menuda tropa , que ben queridos son a maioria nos seus centros de traballo,polo competentes que son e bos compañeiros , preguntade poe eles , son mestres en escaquearse e en aglutinar simpatias.

61 alberto

Galicia Confidencial: tirar a pedra a agachar a man ...canto lixo! se ista e a estratexia para manter vivo este agonizante blog imos dados! inxurias sobre lidia, inxurias sobre suarez canal, inxurias sobre puga, inxurias sobre carme, inxurias sobre quintana...¿que carallo pasa neste pais? se iste blog non para a inxuria anónima... non paga a pena adicarlle un segundo mais. GC...kaputt!

60 ANDANDO