Documento.- Críticas a Beiras pola presenza de Lidia Senra na súa lista

GC ven de recibir un correo confidencial dunha persoa que asina cun "unha aperta irmandiña" e que critica a presencia de Lidia Senra na lista do Encontro Irmandiño. Aporta documentación na que relaciona a esta sindicalista cun despedimento nulo ...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 08/05/2009 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

Non debemos esquecer que Rajoy ven de botar fora da lista das europeas a Galeote. E Zapatero ven de facer o mesmo coa ex-alcaldesa de Elche. Pois ben, Beiras debe facer o propio con Lidia Senra no que atinxe á súa lista ó Consello Nacional.

Evidentemente Beiras é ceibe de facer que lle pete (coma decote fia). Mais tamén debe ser consciente de que a presenza de lidia Senra contaminará perante moito tempo a Beiras e aos seus...

Neste inte Beiras fica emprazado cun imperativo moral. Ou pide a dimisión de Lidia Senra ou ampara e dá carta de natureza aos seus comportamentos, converténdose, pois que logo, en cómplice ou alomenos en encubridor dos mesmos.

Unha aperta irmandiña". Podes ver todo o documento e os informes da Inspección de Traballo abaixo.

Nos últimos días foron varios os dirixentes do SLG militantes da UPG que amosaron o seu rexeitamento a un posible pacto co Encontro Irmandiño se mantén a Lidia Senra na súa lista e, especialmente, se a presenta para a Executiva. Sen embargo, a dirección deste partido xa deixou claro que un pacto non se rompe por persoas xa que un dos argumentos utilizados nas negociacións co Encontro Irmandiño foi, precisamente, que non haxa vetos a "ninguén".

denuncia-slg.pdf

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 74 comentarios

59 pepecarballo

O noventa por cento do aquí escrito é feito pola UPG. Nada novo.é ao que se adican. Controlar, controlar...Trabllo social cero. Todos vivindo dunha cousa ou outra do BNG. Téñeno ben montado. Oden de doña Paca e a defestrar a Lidia!!!. Así foi sempre e seguirá sendo...

58 evie

uf!, che xentiña, que mal o estades pasando, como sufrides, ven cadra que mañan non ides a asamblea, senón que medo daría vervos auuuuuuuuuuuuu!!!!!!!!!!, digo que non ides porque supoño que non deixaran entrar a dementes.

57 O que lee a documentación

Cando mandan documentación está mal feito, non vaia ser que formemos un criterio própio, é millor facerlle caso ós dimes e diretes ,eso é o que opina XENTE como mamaiña, falades da UPG de conmigo ou contra min pero xente coma ti é o mesmo, xexámos obxetivos e analizemos os informes que temos ahí e veremos que a persoa está ten moito que esconder.

56 anton de leiras

Falta Lolo Docampo, a ver se se atreve a falar, agora que nos animamos os demaís, vamos doberman morde

55 luciano

Ata fai un ano traballei no local do SLG de Lugo e o que puiden comprobar foi que neste local hai cada elemento de cuidado. Dun lado ELvira, a responsabel de SAC que é a grande directora de tódalas labouras de acoso que se poden ver neste lugar, a burra de Obdulia é a executora.
Elvira é responsabel de SAC e non sabe facer unha renda,
si sabe poñer asteriscos as persoas que non lle dín si e amén. Nos seus tempos neste local esta mala persoa foi quen de deixar sen salario dun mes a unha traballadora.
E evidentemente Elvira ten que traballar eiquí xa que somentes ten formación de graduado escolar, non sabe facer unha renda e fai funcíóns de responsabel de SAC. Así lle vai que xa deixou marchar varias cooperativas, que mais dá con tal de cobrar por que senón para onde ir non ten única e exclusivamente por burra e mala persoa.
Últimamente xa hai varios afiliados que escomenzan a coñecela, sobor de todo dende os últimos episodios no SLG.
Cando queres pasarlle algunha noticia a Cúpula do SLG somentes tes que conseguir que te oiga esta bruxa, que as poucas horas xa o sabe Lidia Senra.
Elvira foi a culpabel de botar a OVICA do local do SLG de Lugo
Elvira foi a culpabel de botar a ADEGA do local do SLG de Lugo
Elvira foi a culpabel de que botaran do local de Lugo a Moro, Maite, Margarita, Maria, Silvia, Elías, María, Marco, MAry e moitos outros.
ELvira eres unhapeste peor que a gripe porcina