Documento.- Críticas a Beiras pola presenza de Lidia Senra na súa lista

GC ven de recibir un correo confidencial dunha persoa que asina cun "unha aperta irmandiña" e que critica a presencia de Lidia Senra na lista do Encontro Irmandiño. Aporta documentación na que relaciona a esta sindicalista cun despedimento nulo ...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 08/05/2009 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

Non debemos esquecer que Rajoy ven de botar fora da lista das europeas a Galeote. E Zapatero ven de facer o mesmo coa ex-alcaldesa de Elche. Pois ben, Beiras debe facer o propio con Lidia Senra no que atinxe á súa lista ó Consello Nacional.

Evidentemente Beiras é ceibe de facer que lle pete (coma decote fia). Mais tamén debe ser consciente de que a presenza de lidia Senra contaminará perante moito tempo a Beiras e aos seus...

Neste inte Beiras fica emprazado cun imperativo moral. Ou pide a dimisión de Lidia Senra ou ampara e dá carta de natureza aos seus comportamentos, converténdose, pois que logo, en cómplice ou alomenos en encubridor dos mesmos.

Unha aperta irmandiña". Podes ver todo o documento e os informes da Inspección de Traballo abaixo.

Nos últimos días foron varios os dirixentes do SLG militantes da UPG que amosaron o seu rexeitamento a un posible pacto co Encontro Irmandiño se mantén a Lidia Senra na súa lista e, especialmente, se a presenta para a Executiva. Sen embargo, a dirección deste partido xa deixou claro que un pacto non se rompe por persoas xa que un dos argumentos utilizados nas negociacións co Encontro Irmandiño foi, precisamente, que non haxa vetos a "ninguén".

denuncia-slg.pdf

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 74 comentarios

54 lula da silva

O que colgou a documentación nesta páxina había que pasalo pola guillotina, como se lle pode sacar esto a Lidia Senra, ainda que seña certo isto nunca se debe sacar nun foro, pobre Lidia se enviou este burofax foi porque lle estaban facendo a vida imposible a unha traballadora do local de Lugo, entre a avogada e algunha traballadora máis, pobre Lidia portadevos ben con ela, non enviedes máis documentación senón os seus imnumerabels curriculums persoais quedan moi manchados

53 LUPITA

Lidia quen as fai as paga, o que fixeches no SLG non che vai sair gratis, e preparate que ainda nos queda moita loita por diante

52 Manolito diaz

Lidia Senra foi a culpabel de que hoxe haxa unha ruptura no SLG, cando realmente se puido chegar a un acordo nas conversas de Vilasantar ela mandou a dúas persoas que o único que fixeron foi faltarlle ó respeto os membros das outras candidaturas, entre eles Pepe Ramón o licenciado en tascas e en algo maís próximo o mundo femenista..
Lidia Senra foi a culpabel de que non entrara nengunha persoa na executiva do SLG, cando realmente lle pertenecían 4
Lidia Senra foi quen despediu a Iria do Deza e despois se montou unha rolda de prensa que molestou moito, acaso non tiñan dereito a esta nota de prensa, que non a despediran
Lidia Senra foi a unha xuntanza ó local de Lugo e dixolles ós traballadores que non tiñan dereito a ter voz
Lidia Senra dixo nunha dirección nacional do SLG que a consellería de Medio Rural tiña que subir a subvención directa ós sindicatos, cando están a cobrar 65 millós de subvención directa, ¿para que quería máis cartos?
Lidia Senra cambiou a secretaría xeral pola secretaría de finanzas nun momento de benestar económico do SLG
LIDIA SENRA QUE SE VAI PARA A CASA, SENÓN NOS PRÓXIMOS DIAS TERÁ MAIS IMPACTO MEDIATICO

51 fonsagrada

Hola, que pasa con Lidia Senra, eu non defensor desta muller, ainda que en tempos si que a defendín, hoxe despois de ver este burofax e despois do que me teñen comentado traballadoras do local de Lugo, esta muller merece unha sanción de grande magnitude.
En primeiro lugar o burofax, é algo totalmente inadmisibel nun país democrático, e Lidia Senra ten que asumir responsabilidades, para a casa e a sachar cebolas como os demáis, e senón que me diga a nome de quen están os locales do SLG, segundo teño entendido a nome dunha sociedade da cal forma parte o seu maridisimo Miguel Méndez, ¿non haberá eiquí algo moito máis raro?
Lidia Senra veu a unha xuntanza ó local de Lugo acompañada do seu doberman Lolo Docampo, e este doberman dixolles os presentes naquela xuntaza que él tiña dereito a levantar a voz, evidentemente despois de humillar a un traballador todo o qure quixo, dentro duns dias poñeremos eiquí a grabación desta reunión, que segundo teño entendido un zorro do local de Lugo se encargou de grabar.
Lidia últimamente somentes vai as executivas a chorar, pois chora todo o que poidas, que somentes che desexo que chores a metade do que fixeches chorar a outra xente.

50 anton

non se pode despedir a quen non tes contratado.
que lle pregunten o Colexio de Avogados de Lugo, que lle parece que xa está estudando o caso.