Documento.- Críticas a Beiras pola presenza de Lidia Senra na súa lista

GC ven de recibir un correo confidencial dunha persoa que asina cun "unha aperta irmandiña" e que critica a presencia de Lidia Senra na lista do Encontro Irmandiño. Aporta documentación na que relaciona a esta sindicalista cun despedimento nulo ...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 08/05/2009 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

Non debemos esquecer que Rajoy ven de botar fora da lista das europeas a Galeote. E Zapatero ven de facer o mesmo coa ex-alcaldesa de Elche. Pois ben, Beiras debe facer o propio con Lidia Senra no que atinxe á súa lista ó Consello Nacional.

Evidentemente Beiras é ceibe de facer que lle pete (coma decote fia). Mais tamén debe ser consciente de que a presenza de lidia Senra contaminará perante moito tempo a Beiras e aos seus...

Neste inte Beiras fica emprazado cun imperativo moral. Ou pide a dimisión de Lidia Senra ou ampara e dá carta de natureza aos seus comportamentos, converténdose, pois que logo, en cómplice ou alomenos en encubridor dos mesmos.

Unha aperta irmandiña". Podes ver todo o documento e os informes da Inspección de Traballo abaixo.

Nos últimos días foron varios os dirixentes do SLG militantes da UPG que amosaron o seu rexeitamento a un posible pacto co Encontro Irmandiño se mantén a Lidia Senra na súa lista e, especialmente, se a presenta para a Executiva. Sen embargo, a dirección deste partido xa deixou claro que un pacto non se rompe por persoas xa que un dos argumentos utilizados nas negociacións co Encontro Irmandiño foi, precisamente, que non haxa vetos a "ninguén".

denuncia-slg.pdf

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 74 comentarios

49 Traballador

Entre as compañeiras non inclúes á muller despedida por ser muller do avogado dun despedido ilegalmente, ¿non?

Pois ela tamén precisa de ánimo, que seguro que ten que estar bastante máis jodida que a súa explotadora.

Menudas feministas de pacotilla, que apoian á agresora e lle dan as costas ás vitimas.

Resposta a esto, "ara" : ¿¿ pode unha muller ter distintas ideas que as do seu marido ou compañeiro ?? ¿¿Paréceche ben despedir a unha muller polas actividades do seu marido ou compañeiro??

48 ara

http://gzvideos.info/video-proxecta...

ánimo Lidia e compañeiras!

47 Traballador

Hostia ! Non se pode opinar !! Só algúns parece que teñen puta idea, os outros non sabemos ler as sentenzas e os informes da inspección que hai aquí publicados.

Polo que se pode ler Lidia Senra organizou empresas fantasma para cesión ilegal de traballadores. Cando a inspección os obliga a incorporar aos explotados, despídenos. Cando o xulgado declara o despido nulo, despiden á muller do avogado do despedido, por ser muller do avogado!!!! ¿¿¿¿¿Logo unha muller non pode opinar distindo do seu marido?????

É esperpéntico !!!!!

46 anónimo

portuguesa, ca U si que vai ben, sí

45 Portuguesa

Adiante Beiras , levas o mellor deste Pais , todos os Dereitosos que haí na Galiza, Lidia , Cristina Amor, Xan Carlos Ansia , Manolo Díaz , todos eles con moita popularidade no mundo nacionalista así como no mundo laboral . ¿Pero de verdade que cres que vas algun lado con esta xentiña?. Grazas as súas aportacións na COZ,ABC. LA RAZÓN ,durante a precampaña que tanto axudaron ao PP a erosionar as Consellerias do BNG, ESAMOS NA OPOSICIÓN ,bEIRIÑAS BUSCATE OUTRA TROPA ou DIRECTAMENTE RETIRATE e deixa xente nova , xa que contigo empezou o BNG a baixar ou xa non te acordas, que o egocentrismo e narcisismo que tes con 72 anos xa o tiñas que ter superado.