Documento.- Críticas a Beiras pola presenza de Lidia Senra na súa lista

GC ven de recibir un correo confidencial dunha persoa que asina cun "unha aperta irmandiña" e que critica a presencia de Lidia Senra na lista do Encontro Irmandiño. Aporta documentación na que relaciona a esta sindicalista cun despedimento nulo ...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 08/05/2009 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

Non debemos esquecer que Rajoy ven de botar fora da lista das europeas a Galeote. E Zapatero ven de facer o mesmo coa ex-alcaldesa de Elche. Pois ben, Beiras debe facer o propio con Lidia Senra no que atinxe á súa lista ó Consello Nacional.

Evidentemente Beiras é ceibe de facer que lle pete (coma decote fia). Mais tamén debe ser consciente de que a presenza de lidia Senra contaminará perante moito tempo a Beiras e aos seus...

Neste inte Beiras fica emprazado cun imperativo moral. Ou pide a dimisión de Lidia Senra ou ampara e dá carta de natureza aos seus comportamentos, converténdose, pois que logo, en cómplice ou alomenos en encubridor dos mesmos.

Unha aperta irmandiña". Podes ver todo o documento e os informes da Inspección de Traballo abaixo.

Nos últimos días foron varios os dirixentes do SLG militantes da UPG que amosaron o seu rexeitamento a un posible pacto co Encontro Irmandiño se mantén a Lidia Senra na súa lista e, especialmente, se a presenta para a Executiva. Sen embargo, a dirección deste partido xa deixou claro que un pacto non se rompe por persoas xa que un dos argumentos utilizados nas negociacións co Encontro Irmandiño foi, precisamente, que non haxa vetos a "ninguén".

denuncia-slg.pdf

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 74 comentarios

44 borrokalari

Podiamos fazer umha lista de destacados crápulas da U sem trabalho conhecido, desde o diputado que tampouco desta vez volverá ao porto (no que nunca estivo), até a deputada que nunca deu um pao à auga, a recua de chupópteros que havia em Indústria a montar empresas paralelas, o grilo que se fixo empressário, etc... Por nom falar dos que tenhem profissom pero nom querem voltar a ela nem a tiros, como o professor de matemáticas que já se queria retirar há catro anos -pero quixo sacrificar-se por nós- ou o enfermeiro que prefire o coche oficial e pulsar o dedo no Parlamento a ponher injecçons outra vez... Por sorte, outros como Castrillo terám que volver currar, trinta anos depois, a ver se se lembram.

43 Portuguesa

Adiante Beiras , levas o mellor deste Pais , todos os Dereitosos que haí na Galiza, Lidia , Cristina Amor, Xan Carlos Ansia , Manolo Díaz , todos eles con moita popularidade no mundo nacionalista así como no mundo laboral . P

42 mamaíña

Quén carallo es ti traballador. Non tes puta idea do tema. A Lidia qu´rena machacar por discrear porque non é dócil...Fixeron toda a vida igual os teus colegas da upg

41 Traballador

Na miña empresa fai un tempo fixeron algo parecido, despedir a varios compañeiros por presentarse nas listas da CIG ao comité de empresa.

A folga que fixemos foi de órdago e chegamos a paralizar a entrada de camións na planta. Finalmente os compañeiros foron readmitidos.

Desde aquelas teño moi claro que actuacións distinguen aos partidarios da esquerda e dos traballadores e que actuacións distinguen aos partidarios do neoliberalismo máis extremo e da patronal máis rancia.

Lidia Senra defráudame totalmente. E Beiras, si non rectifica, tamén.

40 Xose

A min o que me da asco e Fernando Blanco con Reganosa. Dixo Tojeiro que era o mellor conselleiro da democracia.