Prohibida a pesca de choco nas rías de Vigo e Pontevedra ata o 31 de outubro

A veda do cefalópodo iniciarase o 1 de agosto.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 26/07/2016 | Actualizada ás 12:23

Comparte esta noticia

A veda do choco iniciarase o próximo 1 de agosto, polo que a captura deste cefalópodo nas rías de Vigo e Pontevedra estará prohibida ata o 31 de outubro.

Exemplar de choco
Exemplar de choco | Fonte: Europa Press.

Así, a veda na ría pontevedresa está vixente dende o pasado 12 de xullo, mentres que no caso da ría viguesa iniciarase o luns da semana que vén, como así o publica o Diario Oficial de Galicia (DOG) na súa edición deste martes.

A prohibición esténdese tamén á pesca marítima de recreo, así como á captura, a tenza a bordo, o trasbordo, a comercialización e a venda do choco.

Segundo recordou a Consellería do Mar nun comunicado, a medida responde ás solicitudes da Federación Provincial de Cofrarías de Pescadores de Pontevedra para permitir a "conservación e a explotación responsable" dos recursos mariños.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta