Fruga denuncia que Lactalis "impón" contratos á baixa a gandeiros baixo ameaza de non recollida dende agosto

A Federación Rural Galega (Fruga) denunciou este mércores que a multinacional francesa Lactalis "impón" contratos á baixa a gandeiros galegos baixo ameaza de non recoller o seu leite dende o 1 de agosto.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/07/2016 | Actualizada ás 19:01 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Federación Rural Galega (Fruga) denunciou este mércores que a multinacional francesa Lactalis "impón" contratos á baixa a gandeiros galegos baixo ameaza de non recoller o seu leite dende o 1 de agosto.

Nun comunicado no que recorda que esta é a primeira empresa en volume de recollida e en número de explotacións que operan en Galicia, Fruga sinala que Lactalis emprega un modelo de contrato que é "un abuso absoluto".

En concreto, censura que o contrato "non responde a ningunha negociación entre as partes", cun prezo á baixa do valor medio en Galicia, que xa de por si é o máis reducido do Estado, "coa agravante de aplicar unha porcentaxe de redución tomando como referencia a baixada producida en Galicia entre xaneiro e maio de 2016", dun 4,14%.

"Así temos que o contrato parte dun prezo de 0,27 euros por litro, pero ao aplicarlle a porcentaxe de baixada o prezo final queda en 0,258 euros por litros", lamenta.

Ademais, Fruga recrimina que no contrato se inclúe unha cláusula quinta na que a empresa "dispón de dous meses de leite sen estar obrigada a pagarllo á granxa subministradora", xa que neste punto se establece que "o pagamento da factura mensual se fará efectivo o último día hábil do mes seguinte".

Finalmente, Lactalis "impón unha cláusula que non figura" no modelo de contrato de subministración de leite de vaca", elaborado pola Inlac (interprofesional láctea) tras o acordo lácteo de setembro de 2015, nas que se "obriga" aos asinantes a "non revelar o contido das súas condicións" durante un período de dous anos dende a súa finalización.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta