Feijóo acusa a Rivera de confundir a Felipe VI cun “tertuliano do venres pola noite”

O presidente galego rexeita a proposta do líder de Ciudadanos dun gran pacto entre esta formación, PP e PSOE cun candidato a presidente que non sexa Rajoy.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 28/07/2016 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

“Non hai que tomar esta proposta con seriedade. Iso é para os programas do venres a noite pero non unha proposta para presentarlla ao xefe do Estado”. Con esta contundencia despachou este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a proposta do líder de Ciudadanos, Albert Rivera, dun gran pacto entre a súa formación, PP e PSOE pero investindo como presidente a un candidato diferente a Mariano Rajoy.

Feijóo na rolda de prensa do Consello da Xunta
Feijóo na rolda de prensa do Consello da Xunta | Fonte: xunta.gal

“Este señor confunde ao xefe do Estado cun tertuliano”, dixo Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta en alusión ao monarca español Felipe VI. “Está cometendo erro tras erro e, así, sucesivamente”, dixo sobre as propostas de Rivera.

Neste sentido, lembroulle ao líder de Ciudadanos que en España “existe un sistema democrático” e non cre nel é “perigoso”. Si resulta que o candidato elixido polos españois non lle vale como presidente é non entender o sistema democrático, as eleccións e o papel da Xefatura do Estado”, concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Souto

Cando lembro as conversas telefónicas dos deputados do PP que hai nos casi infinitos sumarios, vótome a chorar. Como poden representar á xente, semelhantes macarras, mafiosos e corruptos. E hai que engadir que as conversas reflicten moi ben que tipo de persoas son. Xente baixa. Xente moi baixa. E xa nin me quero lembrar da que fora alcaldesa de Málaga e un cargo moi importante no PP. Vegonha e máis vergonha. E vés ti a dicermos como temos que falar ou serem. É que hai que ser amigo dos mafiosos e corruptos para dicer isto. A ver cando ilegalizan ó PP. Xa vai sendo hora. Por probas non será.

1 Souto

Pero non só se trata de ilegalizar ó PP. Porque vós tendes moitos cartos e ides montar outro partido mafioso. Na sentenza ten que figurar que non podedes optar a ningún cargo público perante moito tempo.

1 Corina

Para min calquera ten máis credibilidade que o Borbón