A opinión inicial en Podemos Galicia apunta a presentarse en solitario

A asemblea do partido morado desbota o partido instrumental e aproba escoller unicamente entre presentarse sós ou en coalición coas forzas de En Marea. Nunha votación consultiva presencial, gaña presentarse sós, pero o domingo comeza a vinculante, vía Internet.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 29/07/2016 | Actualizada ás 23:24

Comparte esta noticia

Podemos Galicia acordou este venres a pregunta que formulará na consulta telemática que realizará a todos os inscritos desde este domingo, día 31 de xullo, ata o vindeiro martes, día 2 de agosto, sobre a forma na que concorrerá ás próximas eleccións autonómicas.

Asemblea Xeral de Podemos Galicia
Asemblea Xeral de Podemos Galicia

"Como queres que concorra Podemos ás eleccións galegas?", sinala a cuestión que deixa para os inscritos na formación dúas posibles respostas: "A) En alianza electoral con outras forzas políticas e sociais do cambio (como Esquerda Unida, Anova ou as mareas)" ou "B) En solitario".

Disto informaron este venres aos medios fontes da dirección de Podemos Galicia despois de que o xoves a dirección estatal de decidise non convocar a pregunta que acordou unha comisión do Consello Cidadán Autonómico sobre as alianzas para as galegas ao non responder a consulta aos documentos cos que a secretaria xeral da formación morada, Carmen Santos, presentouse ás primarias internas.

Deste xeito, a cuestión non inclúe na súa formulación a posibilidade de acudir ás urnas como partido instrumental, como defenden as diferentes sensibilidades promotoras da Asemblea Constituínte que terá lugar este sábado en Vigo e entre as que se atopan os alcaldes da Coruña (Xulio Ferreiro), Ferrol (Jorge Suárez) e Santiago (Martiño Noriega).

Consulta presencial

Na parte final da asemblea os inscritos poideron votar. A escolla entre as dúas opcións non ten carácter vinculante, senon "meramente consultiva", segundo informou o partido morado nas redes sociais. Podemos Galicia admitiu que a votación fíxose "despois de marchar moita xente da Asemblea". Con todo, difundiu os resultados: vitoria esmagadora da opción de presentarse en solitario (156 sufraxios) fronte a coalición (só 36 sufraxios). De repeterise este resultado na vía telemática, moi probablemente non haberá confluencia da esquerda galega. 

Resultado da votación consultiva sobre como presentarse as autonómicas na asemblea de Podemos Galicia
Resultado da votación consultiva sobre como presentarse as autonómicas na asemblea de Podemos Galicia | Fonte: Natalia Prieto

Carmen Santos

Preguntada polos medios sobre esta consulta, Carmen Santos destacou que a pregunta final foi aprobada despois de que "a dirección estatal que autoriza este tipo de consultas recoñecese a lexitimidade de formulala en consonancia co documento político organizativo dos estatutos".

A esta cuestión, tras coñecerse a pregunta, fontes críticas coa dirección de Podemos Galicia consultadas por Europa Press aseguraron que "a pregunta tivo que impoñela" a dirección estatal despois de que a secretaria xeral, Carmen Santos, "rompese o consenso" alcanzado en negociacións mantidas "ao longo de toda a xornada do xoves". Con todo, valoraron que "non se use a palabra coalición", co que, na súa opinión, "déixase aberta a porta a calquera forma xurídica".

Xuntos Podemos

Pola súa banda, en declaracións aos medios, o líder da corrente crítica Xuntos Podemos avanzou que son partidarios de concorrer en alianza electoral xunto a outras formacións "sempre que se respecte o peso específico que ten que ter Podemos nesta alianza".

"Unha vez que Mareas en Común ten o seu partido, nós témonos que sentar nas mesas para negociar e confeccionar as listas, pero nesas listas Podemos ten que ter un maior peso, o que se lle debe polo seu poder electoral e número de inscritos", apuntou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

3 Basta xa

Podemos enche as urnas de votos e os señoritos da Reboraina asentan o cú nas poltronas.

1 peseteiro

E os asalariados oubean: uuuuuuuuuuuuuu

2 Era visto

E que o mangoneo dos tres tenores foi demasiado cando saben que os votos son de Pablemos. Teñen razón os seus fans tangallegos

1 anonimo

Nin Podemos, ni PP, nin PSOE, nin Ciudadanos... unidade do nacionalismo galego xa!. Esixamos a unidade do BNG, CxG, Anova e as mareas nunha candidatura única e de país. Unha candidatura que fale de soberanía de Galiza dentro dunha Confederación Iberica (ou española), defensa dos nosos sectores económicos, defensa da lingua galega, defensa dos servizos públicos, banca publica galega e tarifa eléctrica galega, retorno do talento galego emigrado, medidas para facer fronte o problema demográfico, eliminar as deputacions e fusionar concellos, inversions para o rural galego, posibilidade de ver os canles en lingua portuguesa na Galiza, republica e laicismo, etc.

1 Basta xa

O mesmo programa de Kim Jong-un na Corea.

2 GALICIA CON PODEMOS

Galicia é de Podemos. E hora de que os Gallegos paguen a Complutense o que deben. Si non chega a ser por Podemos e toda a sabiduria da Complutense, Galicia non tendria nin voz nin voto na capital. VIVA A COMPLUTENSE¡, VIVA A UNIDADE POPULAR DE PROVINCIAS¡. Galicia ten que estar en igualdade con Caceres, Guadalajara e Santander. Adiante Podemos.