Un home resulta ferido de gravidade cando montaba o escenario dunha orquestra en Moraña (Pontevedra)

Un home resultou ferido de gravidade, con importantes lesións nunha perna, tras caer dunha altura duns catro metros cando montaba o escenario dunha orquestra en Moraña (Pontevedra).

PONTEVEDRA | 30/07/2016 | Actualizada ás 11:36 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un home resultou ferido de gravidade, con importantes lesións nunha perna, tras caer dunha altura duns catro metros cando montaba o escenario dunha orquestra en Moraña (Pontevedra).

Segundo informou este sábado o CAE 112 Galicia, en suceso aconteceu pasadas as 20,00 horas do venres na parroquia de Saiáns, concretamente, no lugar de Santa Lucía.

Foi un particular quen informou os servizos de emerxencia, tras o que se desprazou unha ambulancia de Urxencias Médicas ao punto e trasladou o ferido ao Hospital Domínguez, en Pontevedra.

Tras a alerta, activouse un operativo no que, ademais dos servizos sanitarios de urxencia, participaron os axentes da Policía Local, Garda Civil e voluntarios de Protección Civil.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta