Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/07/2016 | Actualizada ás 18:28
Dous incendios rexistrados na comcarca do Barbanza afectan a unha superficie total dunhas 30 hectáreas, segundo as estimacións provisionais da Consellería do Medio Rural.
En concreto, o primeiro dos lumes orixinouse ás 13,06 horas deste domingo na parroquia de Asados, no municipio de Rianxo, e afecta a 15 hectáreas. Na súa extinción traballan tres axentes, oito brigadas, dúas motobombas, unha pa, cinco helicópteros e dous avións.
Así mesmo, segundo informou o departamento autonómico, o segundo dos incendios forestais foi rexistrado ás 13,58 horas na parroquia de Lampón, no municipio de Boiro, e foi estabilizade as 17,30 horas deste domingo.
Nos labores para apagar as lapas participan tres axentes, sete brigadas, catro motobombas, unha pa, cinco helicópteros e catro avións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.